Deputación de Lugo

Os participantes no XXI Congreso Internacional de Enxeñería Gráfica son recibidos na Deputación

Regina Polín amosou a súa satisfacción por que Lugo acolla este encontro “que en 21 anos de traxectoria só se celebraou outra vez en Galicia”

A Deputada de Economía, Regina Polín, recibiu este mércores ós participantes no Congreso Internacional de Enxeñería Gráfica que se celebra desde hoxe en Lugo. Regina Polín amosou a súa satisfacción por que se elesixe a capital da provincia como sede xa que nos 21 anos de traxectoria deste encontro, tan só se celebrou en outra ocasión en Galicia, hai xa 18 anos, en concreto, en Vigo. No acto de recepción tamén participaron o Alcalde de Lugo, José López Orozco, os presidentes de INGEGRAF, Fernando Brusol, e da Associazione Nacionale Disegno di Machina, e o presidente do comité organizador, Edurado Zurita. No encontro participan unhas 200 persoas procedentes de diveros países europeos. A Deputada subliñou o lema do Congreso: Camiñando desde a idea hacia as alternativas do diseño, que podemos aplicar tamén á tarefa de gobernar, xa que os políticos partimos de ideas que despois hai que deseñar claramente para poder levalas á práctica. Na Deputación de Lugo, por exemplo, estamos deseñando o futuro da nosa provincia cun Plan Estratéxico co que radiografiamos a situación da que partimos, co fin de desenvolver as nosas potencialidades e combatir os nosos puntos débiles. Regina Polín destacou a necesidade da formación continua e o intercambio de experiencias na sociedade actual, pero, sobre todo, en especialidades coma esta, que ten múltiples aplicacións tanto en grandes proxectos como noutros máis sinxelos, pero non por elo menos importantes na nosa vida cotiá. Pero ademais da parte científica, también destacou a vertente cultural do Congreso, destinada fundamentalmente ós acompañantes dos congresistas, que durante estes tres días coñecerán algunha das xoias patrimoniais e medioambientais que atesour a nosa provincia. Destacou que o 55% de todo o territorio da nosa provincia foi declarado Reserva de la Biosfera pola UNESCO. Iso xa dá unha idea clara da gran riqueza medioambiental da nosa provincia. Desde a Diputación apostamos polo noso medio ambiente e polo seu desenvolvemento sostible, e facémolo con proxectos como Km0, co que damos a coñecer a provincia ós propios lucenses e potenciamos a nosa economía, o con Lugo Sabe, co que promocionamos os nosstros produtos autóctonos.