Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación cumpre o seu compromiso de redactar un novo Regulamento Orgánico da institución

O borrador elaborado pola Presidencia prevé unha Conferencia de Alcaldes e un Debate sobre o Estado da Provincia

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, entregou este martes ós grupos provinciais o borrador do novo Regulamento Orgánico do ente provincial que ten como obxectivo “a democratización da institución e a súa apertura ós Concellos e ás persoas”. Gómez Besteiro dixo que “cumprimos cun dos compromisos políticos que asumimos cando chegamos ó goberno hai catro meses. Era necesario dotar a esta institución dun novo Regulamento que sustitúa ó que estaba en vigor desde hai 22 anos”. O documento consta de 203 artigos e estará aberto ás enmendas que presenten os grupos políticos. “Pretendemos acadar a unanimidade, algo que é posible e que sería o ideal”. O mandatario provincial adiantou que o novo Regulamento Orgnánico será aprobado a principios do ano que vén. Conferencia de Alcaldes e Alcaldesas Un dos aspectos máis salientables do borrador é a Conferencia de Alcaldes e Alcaldesas da Provincia, unha proposta pioneira en España. “Pretendemos institucionalizar a relación cos Alcaldes e Alcaldesas, que son os que representan ós veciños. Esta Conferencia será un foro no que, cada ano, os Alcaldes debatirán sobre os temas que lles preocupan e que van máis aló da relación cotiá coa Deputación”, dixo o Gómez Besteiro, que na presentación do borrador estivo acompañado polo voceiro do grupo socialista, Antonio Gato Soengas. Nesta Conferencia, o Presidente informará ós mandatarios municipais sobre a xestión do ano precendente e dos proxectos máis salientables do seguinte, así como das liñas xerais do orzamento provincial no referido a investimentos, plans provinciais de cooperación , plans especiais etc.. Debate sobre o Estado da Provincia O borrador inclúe un Debate sobre o Estado da Provincia, tamén con carácter anual- agás no ano no que se celebren eleccións municipais-. Para José Ramón Gómez Besteiro “é necesario que unha vez ó ano se faga unha revisión de como discorre a situación da provincia. Será o marco axeitado para debatir sobre o Plan Estratéxico, no que se marcarán os déficits e as fortalezas da nosa provincia”. O segundo semestre do ano convocarase unha sesión extraordinaria do Pleno para este Debate no que non se poderán tomar acordos. O Presidente da Deputación tamén destacou a posiblidade de que o Pleno da Corporación celebre as súas sesións na sede de calquera Concello da provincia cando, a xuízo da Presidencia, se produzan acontecementos socioeconómicos ou catastróficos de tal importancia que poidesen ser considerados como causa de forza maior. “É bo a perda de centralización; estar cerca dos problemas cando estes son de talla desproporcionada”. Outra das novidades incluídas neste borrador é a creación da Comisión Especial de Queixas, Suxestións e Reclamacións que ten por obxectivo a defensa das competencias e intereses xerais dos municipios e dos cidadáns en xeral. Gómez Besteiro sinalou que deste xeito “se abre unha canle estable de participación para os veciños”. A devandita Comisión poderá supervisar a actividade da Deputación e deberá dar conta ó Pleno, mediante un informe anual, das queixas presentadas e das deficiencias observadas no funcionamento dos servizos provincias. Dereitos dos Deputados Os dereitos dos Deputados e Deputadas levaranse explicitamente ó Regulamento. O Presidente da Deputación dixo que o obxectivo é “a diginificación do estatuto dos Deputados e Deputadas e do seu traballo, independentemente de quen goberne”. Para isto “consagraranse os dereitos dos grupos provinciais, que terán os medios suficientes para facer o seu labor político”. Pola súa banda, o voceiro do grupo provincial socialista, Antonio Gato Soengas, destacou que “con esta nova ferramenta garántense os dereitos da oposición, un tema que preocupaba ó PSOE”. Gato Soengas tamén dixo que o borrador potencia a participación coa constitución do Consello Económico e Social e de varios Consellos Sectoriais, os de Xestión Tributaria e Recadatoria; Cooperación cos Municipios; Cultura e turismo; Desenvolvemento de Produtos Agrogandeiros de Calidade