Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación recibiu ós representantes da Executiva de Empresarios da zona sur da provincia

Gómez Besteiro destacou a actividade empresarial da zona

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, recibiuse este martes ós representantes da Executiva de Empresarios da zona sur da provincia. Na xuntanza Gómez Besteiro trasladoulle ós membros da Executiva a importancia que ten o Concello de Monforte e a súa comarca para o conxunto da provincia, xa que con 119,5 quilómetros cadrados é a segunda cidade más poboada, só por detrás da capital, de todo o territorio provincial. O máximo mandatario provincial referiuse ó municipio monfortino como “un dos motores da provincia”. Neste senso, Gómez Besteiro trasladoulles ós empresarios da zona sur que “Monforte será clave na configuración do Plan Estratéxico da provincia”. Trátase da primeira visita oficial que realiza esta endidade ó organismo provincial, na que o máximo mandatario provincial aproveitou a ocasión para explicar ós executivos do organismo lugués a nova filosofía do equipo de goberno baseada na colaboración cos Concellos, administracións e institucións . O titular do organismo provincial lembrou, ademais, que coa visita do rexedor monfortino ó Pazo de San Marcos no mes de setembro, recupéraronse as relacións institucionais entre as dúas administracións, polo que a “só SUMANDO ESFORZOS impulsaremos o desenvolvemento da provincia”, engadiu Gómez Besteiro.