Deputación de Lugo

Word XP nivel avanzado, Excel XP nivel avanzado ou Access XP nivel básico son algunhas das especialiades que se tratarán nestes cursos

Imaxe deputación de lugo
A Deputación de Lugo oferta novos cursos de informática para empregados da Administración Local da provincia de Lugo

A Deputación de Lugo oferta distintos cursos de informática para os funcionarios da Administración Local da provincia de Lugo que traballen con distintos programas informáticos, nas áreas de Urbanismo ou Contratación. Os cursos teñen como obxectivo clarificar a importancia da aplicación dos novos sistemas de información como factores de calidade na Administración Local ó tempo que permitan potenciar o coñecemento que ten o persoal das Corporacións Locais das distintas aplicacións co obxectivo de automatizar as tarefas administrativas. A relación de cursos é a seguinte: - Word XP Nivel Avanzado - Excel XP Nivel Básico - Excel XP Nivel Avanzado - Access XP Nivel Básico - Powerpoint XP - Outlook XP - Word XP Nivel Básico - Word XP Nivel Básico. Modalidade “ON LINE” - Word XP Nivel Avanzado. Modalidade “ON LINE” - Excel XP Nivel Avanzado. Modalidade “ON LINE” - Access XP Nivel Básico. Modalidade “ON LINE” - Access XP Nivel Avanzado. Modalidade “ON LINE” - Internet Explores 5.0. Modalidade “ON LINE” - Sinatura Dixital - Seguridade e Protección de Datos (LOPD) - Autocad 2006. Modalidade “ON LINE” - Deseño de páxinas WEB. Modalidade “ON LINE” - Adobe Photoshop C.S. Modalidade “ON LINE” - Coreldraw 10 - Quarkxpress 5 - Windows Server 2003 Estándar Edition Outros cursos ós que poderán optar outros traballadores da Deputación son os seguintes: - A xestión urbanística na Lei do Solo de Galicia - O dereito á información e a súa articulación práctica na Administración Local - Modernización de contratación pública para a mellora da legalidade, a eficacia e a eficiencia - Combate a incendios en interiores Flashover e ventilación. Nivel avanzado. Instancia para os cursos Información sobre Word XP Nivel Avanzado Información sobre A Xestión Urbanística na lei do solo de Galicia