Deputación de Lugo

A fortaleza de San Paio de Narla potenciará actividades encamiñadas á posta en valor dos recursos etnográficos galegos

O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, e o responsable da área de Cultura,Antonio Veiga, visitaron hoxe o Museo-Fortaleza de San Paio de Narla (Friol),que acolle a sección de etnográfia da Rede Museísitica lucense, para presentar as actividades didáct

Coincidindo co 75º aniversario da creación do Museo Provincial a Rede Museística da Deputación porá en marcha actividades multixeracionais encamiñadas a potenciar a parte vivencial da etnografía e a transmisión das tradicións ás xeracións mozas LUGO, 25 DE OUTUBRO. O vicepresidente da Deputación e o responsable da área de Cultura, os nacionalistas Antón Bao e Antonio Veiga, visitaron na mañá de hoxe as intalacións do Museo-Fortaleza de San Paio de Narla, no concello de Friol. Esta construción, adquirida pola Deputación de Lugo no ano 1939, acolle a colección de obxectos relacionados coa etnografía máis importante da Rede Museística dependente da Deputación. Nesta visita, acompañados da xerente da a Rede Museística da Deputación, Encarna Lago, os nacionalistas aproveitaron para presentar o programa de actividades didácticas que se desenvolverán no Museo-Fortaleza de San Paio de Narla ao longo do curso escolar 2007-2008. A través destas actividades potenciarase entre os máis novos o coñecemento do noso patrimonio etnográfico tanto material como inmaterial. DESCENTRALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DO 75º ANIVERSARIO DO MUSEO Tanto o responsable de Cultura, Antonio Veiga, como o vicepresidente da Deputación, Antón Bao, resaltaron a importancia de “descentralizar” as actividades programadas para o 75º aniversario da creación do Museo Provincial e o feito de “achegalas ás comarcas onde existen espazos dependetes da Rede Museística”. Os responsables nacionalistas tamén fixeron fincape na necesidade de converter estes espazos dependentes da Deputación en “museos vivos” adaptados ás novas concepcións expositivas. Dentro da celebración do 75º aniversario da creación do Museo Provincial programaranse actividades en todos os centros dependentes da rede museísitica. Así, no Museo de San Paio de Narla está prevista a posta en marcha de actividades multixeneracionais nas que vellos e novos compartirán e lembrarán vivencias en torno a obxectos que noutros tempos foron de uso cotián como xeito de transmisión das tradicións galegas ás xeracións mozas.