Deputación de Lugo

Inauguradas a sexta edición das Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero

Máis de 100 persoas asisten a este encontro adicado ás fillas e filos das mulleres maltratadas

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou este xoves a sexta edición das Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero que este ano se centran nas outras grandes vítimas desta lacra social: os fillos e as fillas das mulleres maltratadas. Gómez Besteiro que estivo acompañado da Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e do Subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero, reiterou “a necesidade de analizar en profundidade esta situación para intentar buscar solucións” ó tempo que destacou que as Deputacións “deben colaborar cos Concellos en todo aquelo que o precisen ” como pode ser neste caso. Máis de 130 persoas, algunhas chegadas de varios puntos de España, participan nas Xornadas que están organizadas pola Concellería de Muller e Benestar Social de Lugo. Ata o día 23 o Salón de Actos da Deputación Provincial acollerá relatorios, talleres e coloquios sobre as fillas e fillos das mulleres vítimas da violencia, testemuñas directas do maltrato recibido polas súas nais e que sofren un abuso emocional moi forte. A violencia de xénero é un problema que atinxe a toda a sociedade e a todas as institucións, na que os medios de comunicación representan un papel papel importante. Gómez Besteiro sinalou que erradicar este problema “debe ser unha loita común” polo que brindou ó Concello de Lugo todo o apoio da Deputación para a coordinación con este tipo de eventos. A Concelleira de Muller e Benestar Social indicou que “a súa celebración na Deputación supón un símbolo de achegamento ós demáis concellos para que tomen parte nos temas da violencia de xénero e se involucren coas mulleres e as súas fillas e fillos”. Basadre explicou que “o obxectivo das xornadas é transmitir o sufrimento que están a vivir as mulleres e tratar de buscar un futuro mellor, igualitario e libre de violencia contra elas”. As xornadas abríronse co relatorio da psicóloga Sofía Czalbowski sobre a Intervención psicolóxica cos menores fillas e fillos de vítimas de violencia de xénero. O avogado Santiago Míguez Caridad falou, despois da inauguración oficial, dos fillos e fillas que sofren a violencia machista nos seus fogares. Na xornada do venres Ángeles Sepúlveda, especialista en Medicina Legal e Forense, María Jesús Navarro, Mestra especialista en Pedagoxía Terapéutica, e Amalia Fernández, vicepresidenta da Asociación Estatal de Mulleres Xuristas, falarán dende a súa perspectiva laboral das outras vítimas do maltrato. As xornadas concluirán o vindeiro 24 de novembro cunha ofrenda floral como homenaxe ás mulleres vítimas de vilencia e cun concerto do cuarteto Camerata na Praza de Santo Domingo. Deporte solidario O deporte lucense tamén se unirá as reivindicación contra a violencia machista. No partido que enfrentará o CB Durán Maquinaria Ensino contra o Universitario de Ferrol de Lugo o sábado ás 19:00 horas no Pazo Provincial de Deportes. Durante o partido repartiranse unhas 1.500 camisetas co lema da Casa da Muller Non estás soa. E poranse a venda, a un prezo dun euro, chapas con mensaxes de igualdade. Os beneficios irá para os pisos de acollida da Casa da Muller.