Deputación de Lugo

A Deputación acolle a presentación da 28 edición da Feira do Viño de Chantada

Imaxe deputación de lugo
A iniciativa inclúe a celebración previa das primeiras Xornadas Técnicas nas que se abordará polo miúdo o proceso de produción vinícola

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Alcalde de Chantada, Manuel Taboada Rodríguez, e o Presidente da comisión organizadora, Xosé Manuel Ledo, presentaron este venres no Pazo de San Marcos a 28 edición da Feira do Viño de Chantada que terá lugar neste Concello a fin de semana o 13 e 14 de marzo. A cita festiva, organizada pola Corporación municipal chantadina, e na que colabora a Deputación provincial, inclúe como novidade a celebración das primeiras Xornadas Técnicas. Trátase dunha iniciativa pioneira que se desenvolverá dende o 1 ata o 12 de marzo, e na que se abordará polo miúdo o proceso de produción vinícola. Deste xeito, haberá conferencias sobre o sector agrícola, catas comentadas por recoñecidos enólogos, que terán lugar en diferentes negocios de Chantadas, e que serán gratuitas; e incluso unha videoconferencia na que participarán mais de 300 persoas dende 8 telecentros de Galicia co obxetivo de facer en tempo real unha cata colectiva do viño de Chantada. Na Feira do Viño participarán unhas 15 adegas da zona que poñerán á venda máis de 20.000 botellas de viño mencía nos expositores que se ubicarán na Avenida de Monforte. Da mesma forma, uns 30 comerciantes tamén exporán os seus produtos. Á tradicional xornada festiva acudirá o Presidente da Deputación, os Alcaldes das 7 principais cidades galegas, así como o de O Porto, a zona cuxa produción de viño ten a Denominación de Orixe máis antiga da historia. Gómez Besteiro destacou “a apertura positiva ó exterior da Feira que fará que máis xente coñeza a nosa provincia. En época de crise, a nosa responsabilidade é apostar polo campo, e polos nosos produtos”. Festa da vendimia A comisión organizadora adiantou que Chantada celebrará ademais a primeira Festa da Vendimia en outono na que se fará honra ó carreteiro. Trátase da persona que durante a vendimia se ocupa de levar centos de quilos de uvas ata a cuba, e que agora se convertirá na figura que promocione Chantada e a Ribeira Sacra.