Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación anuncia en Celeiro que o sector pesqueiro estará presente no futuro Plan
Estratéxico da provincia

Máis de 150 persoas participan nas XII Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou este venres en Celeiro a décimo segunda edición das Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro que se celebran na localidade mariñana ata mañá sábado. O máximo mandatario provincial, que estivo acompañado da Primeira Tenente Alcalde de Viveiro, María Loureiro, do Delegado Territorial de Pesca, José Ramón Val Alonso, do Patrón Maior da Confraría de Porto Celeiro, Domingo Rey Seijas, e do Presidente de Porto Celeiro S.A, José Novo Rodríguez, indicou que se trata “da primeira vez que a Deputación e as entidades organizadoras do encontro realizan algo conxuntamente”. A comarca da Mariña distínguese, fundamentalmente, pola súa actividade portuaria, “convertíndose así nun dos motores da provincia”. Celeiro, situado no interior da ría de Viveiro, é un dos portos cantábricos de maior envergadura. Da súa actividade dependen máis de tres mil familias. Neste senso, Gómez Besteiro anunciou que “por este motivo, o sector pesqueiro estará presente no futuro Plan Estratéxico da provincia”. Máis de 150 persoas participan nestas Xornadas que xa son todo un “referente tanto a nivel nacional como internacional” para todos os colectivos que, desde un ámbito ou outro, interveñen no sector da pesca, de xeito que, o Porto e a Confraría de pescadores da localidade mariñana teñen gran solidez na propia comarca. “A súa flota, axustada perfectamente ás directrices que indica a normativa europea, o volume de ventas da lonxa e o número de tripulantes que posúe fan que esta infraestrutura sexa competitiva a todos os niveis”, indicou Gómez Besteiro quen felicitou ós organizadores polo éxito acadado en edicións anteriores. Desde a entidade portuaria asúmense importantes retos a nivel empresarial que permiten unha maior diversificación do sector e que “marcarán o futuro do sector pesqueiro galego”. Neste senso, o Presidente Provincial salientou que “é precisamente aquí, donde entramos as institucións. Entre todos, SUMANDO ESFORZOS, debemos apoiar a entidades coma esta, xa que só desta forma impulsaremos o desenvolvemento da comarca, o que sen lugar a dúbidas, redundará en beneficio de toda a provincia”. O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou este venres en Celeiro a décimo segunda edición das Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro que se celebran na localidade mariñana ata mañá sábado. O máximo mandatario provincial, que estivo acompañado da Primeira Tenente Alcalde de Viveiro, María Loureiro, do Delegado Territorial de Pesca, José Ramón Val Alonso, do Patrón Maior da Confraría de Porto Celeiro, Domingo Rey Seijas, e do Presidente de Porto Celeiro S.A, José Novo Rodríguez, indicou que se trata “da primeira vez que a Deputación e as entidades organizadoras do encontro realizan algo conxuntamente”. A comarca da Mariña distínguese, fundamentalmente, pola súa actividade portuaria, “convertíndose así nun dos motores da provincia”. Celeiro, situado no interior da ría de Viveiro, é un dos portos cantábricos de maior envergadura. Da súa actividade dependen máis de tres mil familias. Neste senso, Gómez Besteiro anunciou que “por este motivo, o sector pesqueiro estará presente no futuro Plan Estratéxico da provincia”. Máis de 150 persoas participan nestas Xornadas que xa son todo un “referente tanto a nivel nacional como internacional” para todos os colectivos que, desde un ámbito ou outro, interveñen no sector da pesca, de xeito que, o Porto e a Confraría de pescadores da localidade mariñana teñen gran solidez na propia comarca. “A súa flota, axustada perfectamente ás directrices que indica a normativa europea, o volume de ventas da lonxa e o número de tripulantes que posúe fan que esta infraestrutura sexa competitiva a todos os niveis”, indicou Gómez Besteiro quen felicitou ós organizadores polo éxito acadado en edicións anteriores. Desde a entidade portuaria asúmense importantes retos a nivel empresarial que permiten unha maior diversificación do sector e que “marcarán o futuro do sector pesqueiro galego”. Neste senso, o Presidente Provincial salientou que “é precisamente aquí, donde entramos as institucións. Entre todos, SUMANDO ESFORZOS, debemos apoiar a entidades coma esta, xa que só desta forma impulsaremos o desenvolvemento da comarca, o que sen lugar a dúbidas, redundará en beneficio de toda a provincia”.