Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo apoia o sector micolóxico

A Vicepresidenta segunda participa na inauguración do Curso de Micoloxía organizado pola Escola Politécnica Superior de Lugo

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, participou este luns na inauguración da décimo quinta edición do Curso de Micoloxía organizado pola Escola Politécnica Superior de Lugo. No acto no que tamén estiveron presentes o Vicerreitor do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre, e o organizador do Curso, Antonio Rigueiro, Lara Méndez amosou a predisposición da Deputación por seguir colaborando con este tipo de actividades. A Vicepresidenta Segunda destacou o enorme potencial que ten a provincia de Lugo na produción de cogumelos. Lara Méndez indicou que “as 66.000 hectáreas do monte comunal que abarcan as comarcas de Monforte, Sarria, Chanta e Quiroga poderían xerar ó ano un mínimo de trescentos millóns das antigas pesetas, polo que esta zona xa é considerada por algúns como un paraíso micolóxico”. Neste senso, a Vicepresidenta Segunda do organismo provincial reiterou: “creo que este é un exemplo de que os cogumelos son un recurso a explotar, dobre razón para que a Deputación esté colaborando neste curso”. Lara Méndez salientou que o sector micolóxico é unha das asignaturas pendentes, xa que son varias as empresas luguesas que se adican ó envasado destes produtos. “Entre todos debemos de SUMAR ESFORZOS para converte a este sector nun ramo da economía provincial. Instituacións e entidades debemos de potenciar esta industria que desgraciadamente estase a ver afectada polos desaxustes climáticos”, indicou a Vicepresidenta Segunda. Lara Méndez valorou o programa da acción formativa na que se tratan “aspectos tan importantes como as condicións e os beneficios dos cogumelos comestibles e tóxicos, a produción controlada e mesmo as características dos fungos mediciñais. Neste senso, anímovos a que disfrutedes do Curso que, seguro, será produtivo para todos nós”.