Deputación de Lugo

Máis de 15.000 libros foron distribuídos pola Área de Cultura da Deputación nos tres últimos meses de 2007

Dende o mes de outubro de 2007 o servizo de publicacións da Deputación entregou 221 lotes de libros a diversas entidades e colectivos

LUGO, a 9 de febreiro de 2008. O vicepresidente primeiro da Deputación,Antón Bao, anunciou na habitual rolda de prensa a aprobación do prezo público do libro, editado polo servizo de publicacións da Deputación, titulado Colección Documental do Arquivo da Casa de Otero en Quiroga (séculos XIII - XVIII). A xunta de goberno determinou o prezo público de venta de este libro en 12,00 €, para a distribución concertada aplicarase un desconto do 30 %. Antón Bao presentou os resultados da campaña de distribución comenzada, no mes de outubro, pola Área de Cultura da Deputación cando máis dun centenar de títulos amoreábanse nos sotos do Pazo de San Marcos chegando a supor un problema de almacenamento. O amoreamento de exemplares viña dado, entre outras cuestións, por que a súa distribución é lenta ao tratarse de libros de temática especializada e minoritaria, na maior parte dos casos. Dende a Área de Cultura da Deputación iniciouse unha campaña de doazóns cos seguintes obxectivos: •Difundir e espallar as publicacións desta institución. •Achegar aos colectivos/asociacións socioculturais lotes bibliográficos para uso público dos cidadáns en xeral. •Facilitar e contribuír á dotación dos locais sociais dos diversos colectivos devanditos, sobre todo en áreas rurais. •Divulgación dos contidos das publicacións, a maioría deles son estudos relativos á provincia de Lugo. •Disminución dos stocks de libros apilados no almacén en condicións inapropiadas. •Fomento da lectura e do libro Esta campaña tivo unha grande repercusión mediática e as solicitudes recibidas tamén chegaron dende diversos puntos do estado e dende diversas institucións públicas e colectivos socioculturais. O capítulo de resultados tivo un balance moi positivo na do ano 2007. Segundo os datos remitidos pola área de cultura da deputación en outubro de 2007 os fondos de títulos (non exemplares) de que dispoñía o servizo de publicacións era de 104 e na actualidade é de 61. Os datos referidos aos destinatarios da campaña, sinalar que en xeral os principais destinatarios son colectivos/centros/asociacións da provincia de LUGO: •Provincia de Lugo: 205 lotes completos •Resto de Galicia: 13 lotes •Fóra da C.A.G.: 3 lotes A totalidade dos 221 lotes completos contabilizados foron distribuídos da seguinte maneira: •ASOCIACIÓNS CULTURAIS...............20 •ASOCIACIÓNS(VARIOS)..................4 •ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS..............45 •ASOCIACIÓNS SOCIOCULTURAIS...........8 •ANPAS................................3 •CENTROS EDUCATIVOS VARIOS...........43 •INSTITUTOS/SEMINARIOS/FUNDACIÓNS.....7 •INSTITUTOS E.S......................28 •CONCELLOS...........................29 •BIBLIOTECAS..........................8 •MUSEOS...............................3 •INSTITUCIÓNS PÚBLICAS................8 •VARIOS..............................15