Deputación de Lugo

O Vicepresidente Primeiro da Deputación recibiu á cónsul xeral arxentina Georgina Bortolotto

O Consulado Itinerante de Arxentina atenderá na Deputación de Lugo aos arxentinos residentes en Galicia durante o día de hoxe e a mañá do venres

O Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Bao, recibiu hoxe á Cónsul Xeral da República Arxentina, dona Georgina Bortolotto, o consulado que ten a súa sede en Vigo atende a todo o noroeste do Estado español. Ao longo do día de hoxe xoves, e na mañá do venres, o consulado itinerante arxentino estará, por primeira vez, instalado na provincia de Lugo utilizando como sede as dependencias da Deputación Provincial. O consulado itinerante de Arxentina ten capacidade para tender a 200 persoas diarias. A oficina consular de Vigo, que comprende á poboación de Galiza, León, Zamora e Asturias, desprazouse a Lugo para facilitar a realización de xestións administrativas aos arxentinos residentes nas comarcas próximas á cidade de Lugo. Estas actividades están xestionadas pola Asociación de emigrantes e retornados Rioplatenses, ao longo destes días a presenza do consulado itinerante arxentino fará máis doadas estas xestións administrativas do mesmo xeito presentarase mañá venres ás 18:00 horas a Asociación de emigrantes e retornados Rioplatenses no Salón de actos do Concello de Lugo.