Deputación de Lugo

A Deputación promove seis cursos de emprego de axuda a domicilio destinados a mulleres

As accións formativas comezarán o luns nos concellos nos que se presentaron máis solicitudes

O vindeiro luns comezarán seis cursos de emprego que promove o INLUDES, organismo dependente da Deputación de Lugo, para formar a mulleres no servicio de axuda a domicilio, segundo anunciou este venres o voceiro do grupo provincial socialista, Antonio Gato. Estas accións formativas realizaranse grazas a unha ampliación do proxecto europeo Lugo-Emprego SAD (Serizo de Axuda a Domicilio). Os cursos serán impartidos nos Concellos de Burela, Ribadeo, Foz, Chantada, Monforte de Lemos e Monterroso. “Estas accións formativas concédense ás persoas, e non ós Concellos. A razón de que se celebren nestes seis é que son os que rexistraron un maior número de solictudes”, dixo Antonio Gato Soengas. O voceiro do grupo socialista lembrou que no seu día enviáronse cartas a todos os Concellos da provincia, agás ó de Lugo, para que tramitasen as solicitudes presentadas nos seus municipios, “e nesta selección cumpriuse rigurosamente co baremo establecido no proxecto”. En total presentáronse 421 solicitudes, das que foron seleccionadas 90. As beneficiaras son mulleres de 35 a 55 anos. Na selección deuse preferencia a vítimas de violencia doméstica, viúvas, inmigrantes e familias monoparentais. O curso consta de 500 horas, das que 175 son teróricas e 325 prácticas en entidades prestadoras de servizos sociais. O presuposto dos cursos é de 244.000 euros, dos que o Fondo Social Europeo aporta o 70% e o INLUDES o 30% restante. Acordos Xunta de Goberno A Xunta de Goberno celebrada este venres aprobou o proxecto das obras de afirmado dun treito de algo máis dun quilómetro da estrada provincial entre San Xurxo e Arroxo, no Concello de Lourenzá, así como o prego de codicións que rexerán a contratación a través do sistema de concurso. O proxecto está presupostado en 66.198 euros. O goberno provincial tamén acordou prorrogar ata o 28 de febreiro o prazo para finalizar as obras de reparación, rehabilitación e acondicinamento da rede provincial na zona de Folgoso do Courel, Pedradita do Cebreiro e Ribas de Sil. Ademais, ratificouse un decreto de Presidencia polo que se acorda interpoñer un recurso de nulidade dunha sentenza que condena á Deputación a pagar 2.215 euros máis intereses por un accidente de tráfico ocorrido en 2004 no Concello de Lugo. O sinistro tivo lugar a consecuencia da gravilla que había na vía por mor dunhas obras que estaban mal sinalizadas. Antonio Gato sinalou que “a Deputación non foi parte no proceso e, ademais, non tiña coñecemento destas obras, que estaba realizando outra administración”.