Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo apoia as festas patronais
de Sarria na honra a San Xoán

Imaxe deputación de lugo
Gómez Besteiro participará nos actos do día grande no que a Misa e a procesión centran a atención dos veciños

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro participará mañá martes, 24 de xuño, nos actos patronais do Concello de Sarria na honra a San Xoán. Música, devoción e relixiosidade son os ingredientes do día grande dos festexos no que os sarrianos exaltan ó seu patrón. Deste xeito, o máximo mandatario provincial será recibido polo Alcalde da localidade e Deputado provincial, Claudio Garrido Martínez, xunto con outras autoridades e convidados ás 11:45 horas. Acto seguido, Gómez Besteiro participará na Misa que se celebrará na Igrexa de Santa Mariña e na procesión que terá lugar ó remate do oficio relixioso polas distintas rúas da vila. A continuación, na Praza de Santa Mariña, as autoridades presentes asistirán ó concerto que ofrecerá a Banda Municipal de Música, que dirixe José Antonio González. Desta forma, o máximo mandatario provincial quixo apoiar os festexos comezados a fin de semana e que contan cunha multitude de actos. A fogata e os fogos artificiais no Campo da Feira, principais atractivos da xornada de hoxe.