Deputación de Lugo

O Vicepresidente da Deputación, Antón Bao, recibiu a un grupo de estudantes franceses

Estudantes do instituto de Canterane, da rexión francesa de Aquitania, manteñen un intercambio con alumnos e alumnas dun colexo da cidade de Lugo

O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, recibiu ás 13:30 horas de hoxe a un grupo de estudiantes de segundo de ESO do colexo Canterane da comarca do Médoc da rexión de Aquitania en Francia. Este grupo de estudantes francenses chegou a Lugo grazas a un intercambio realizado cun grupo de alumnos e alumnas do Colexo San Xosé da cidade de Lugo. Na recepción estiveron acompañados por Amparo Tejeda (xefa de estudios do Colexio San Xosé de Lugo) e por Chirstel Fonmarty (Representante da Comitiva Francesa). O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, entregoulles, a cada un dos estudantes, unha bolsa con información turística sobre as diferentes comarcas de Lugo. Tras darlles a benvida, Antón Bao convidou aos estudantes a aproveitar estes días de estadía en Lugo para coñecer a cultura galega e disfrutar da nosa cidade. Antón Bao sinalou a importancia de transmitir aos máis novos as tradicións culturais propias e facilitar, a través de intercambios como este, o coñecemento das culturas de outros pobos para que sexan respeitados os feitos diferenciais de cada un deles.