Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo investirá 500.000 euros na construción das piscinas de Castroverde

O Presidente da Deputación anunciou que as obras estarán licitadas este ano e rematadas no verán de 2009

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, avanzou este mércores en Castroverde que o organismo provincial investirá en dous anos preto de 500.000 euros na construción das piscinas de Castroverde, unhas obras que levan catorce anos paradas. O titular provincial sinalou que “asumimos un compromiso serio con este proxecto e saldamos outra das débedas históricas que había cando chegamos ó goberno. Atendemos unha vella reivindicación do Concello de Castroverde que ata o de agora fora rexeitada sen ningún tipo de xustificación”. Gómez Besteiro fixo este anuncio durante a visita oficial ó Concello de Castroverde, onde foi recibido polo Alcalde, José María Arias. Ademais das piscinas destacou como obxetivos para este mandato a construción do parque empresarial e a mellora nas comunicación entre a capitalidade do Concello e a rede de vías provinciais. O responsable provincial comprobou in situ o estado de deterioro no que se atopa a parte das piscinas que se fixo en 1994, e que está totalmente abandonada desde que as obras foron paralizadas polos importantes defectos que presentaba a construción. José Ramón Gómez Besteiro, que estivo acompañado polo Alcalde, por varios membros da Corporación e polo Deputado Provincial de Deportes, Antonio Veiga, dixo que “os presupostos da Deputación de 2008 incluirán unha partida aproximada de 250.000 euros, e outra nos orzamentos de 2009 coa mesma cantidade”. Gómez Besteiro dixo que “as obras serán licitadas este mesmo ano, e os veciños de Castroverde poderán disfrutar destas instalacións o verán do ano que vén”. Pola súa banda, o Alcalde de Castroverde, José María Arias, amosou a súa satisfacción porque “este é un momento histórico para o Concello. Por fin Castroverde poderá disfrutar destas piscinas que son coñecidas en toda a provincia”. O mandatario municipal tivo palabras de agradecemento para os actuais resposables da Deputación e “para todos aqueles que loitaron durante anos por estas piscinas”. Un dos esforzos que fixo o Concello foi asumir o custe da redacción dun novo proxecto que non contou coa aprobación do anterior goberno provincial. Parque industrial José Ramón Gómez Besteiro tamén se comprometou con outras dúas importantes reivindicacións plantexadas por José María Arais. Unha delas é a construción do polígono industrial, que será posible en canto Xunta de Galicia aprobe o Plan Xeral de Ordenación Municipal. “SUPLUSA xa contempla nos orzamentos de 2008 unha partida para a urbanización deste polígono e para as expropiacios que sexan necesarias”, dixo o responsable provincial quen destacou que “este é un proxecto de futuro para Castroverde. É necesario que as empresas que o desexen se poidan asentar neste polígono, que estará moi ben situado, a tan só quince minutos de Lugo, e con boas conexións coa autovía do Noroeste”. O terceiro obxectivo do Alcalde que hoxe asumiu ó Presidente da Deputación é a mellora dos enlaces da vila do Concello con rede viaria provincial. O rexedor dixo que “o entronque coa LU-530 é unha chapuza que hai que solucionar”. Recepción institucional O Presidente provincial foi recibido ás doce na Casa Consistorial onde saudou ós membros da Corporación e asinou no libro de ouro do Concello no que destacou que esta visita. Gómez Besteiro agasallou ó Alcalde, José María Arias, cunha bufanda e unha peza de cerámica elaboradas polo Centro de Artesanía e Deseño.