Deputación de Lugo

O Museo do Mar de Cervo acollerá ata o 14 de marzo a exposición obras orixinais de Andy Warhol

A área de Cultura da Deputación leva esta exposición ao museo do mar dentro da súa política de descentralización das actividades da rede museística.

O responsable da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, presentou a exposición de Andy Warhol que estará aberta ata o próximo 14 de marzo. Esta exposición, que contén un número significativo de obras realizadas por este artista representante do arte pop da prodixiosa década dos sesenta, poderá visitarse no Museo do Mar de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 (agás domingos pola tarde e luns). A obra deste artista chamado Andrew Warhola e coñecido como Andy Warhol, que viviu entre o 1928 e 1987, esta baseada na repetición insistente de imaxes e fotografías arrancadas do seu contexto e transladadas ao dominio da arte. Warhol logrou impresionantes esceas coas que describiu friamente o mecanismo de deshumanización que practican os modernos medios de comunicación de masas. Esta exposición que reune obras orixinais do artista norteamericano enmarcase dentro das actividades de celebración do 75º aniversario do museo de Lugo, segundo o responsable da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga “aproveitaremos a celebración do 75º aniversario do museo para iniciar unha política de expansión cultural utilizando todos os museos dependentes da área de cultura co obxectivo de descentralizar a actividade e achegar ás comarcas elementos culturais de primeira liña”. A SILLA ELÉCTRICA O obxecto máis curioso presenta na exposición podese ver a silla electrica que lle serviu a Andy Warhol como elemento de inspiración para a creación de unha serie de obras creadas entorno a este obxecto e que combinan, por un lado, un alegato contra a pena de morte e por outro o uso do artefacto polo seu caracter estético.