Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo seguirá colaborando coa Real Academia Galega de Medicina e Ciruxía de Galicia

Gómez Besteiro recibiu ó Presidente desta institución, José Carro Otero

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este xoves no seu despacho ó Presidente da Real Academia Galega de Medicina e Ciruxía, José Carro Otero. Na xuntanza abordouse a colaboración do organismo provincial coa Acedemia Galega. Gómez Besteiro destacou que “se manterán os lazos existentes entre ámbalas dúas institucións”. A Deputación de Lugo viña colaborando coa Real Academia Galega de Medicina e Ciruxía en materia de educación sanitaria a través de charlas e conferencias que se imparten en distintos lugares da provincia, actividades para as que o ente provincial destina 9.000 euros. Ademais de Presidente da Real Academia, José Carro Otero é catedrático na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, donde imparte clases de Anatomía Humana e Antropoloxía Médica. No seu haber conta con numerosas publicacións, entre as que destacan escritos sobre a historia da medicina en Galicia. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, entregoulle a José Carro Otero unha reproducción en miniatura dunha “zanfona”, instrumento realizado por artesáns da provincia para o Centro de Artesanía e Deseño. Pola súa banda, o titular do ente provincial recibiu por parte de Carro Otero dous exemplares editados pola Real Academia Galega de Medicina e Ciruxía.