Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación presidirá o premio literario “Otero Pedrayo 2007” que recae no humanista Francisco Javier Río

Imaxe deputación de lugo
O galardón contará coa presenza de representantes das Administracións autonómica e nacional

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, presidirá a entrega do premio literario “Otero Pedrayo 2007” que este ano recae no humanista e xeógrafo lugués Francisco Javier Río Barja. O acto celebrarase no Salón de Plenos do organismo provincial o xoves, día 20, ás 20:00 horas. Organizado esta edición pola institución luguesa e convocado cada ano por unha das deputacións galegas, o premio está dotado de 30.000 euros. Gómez Besteiro recibirá no seu despacho ó galardonado e á súa familia. Posteriormente, no Salón de Plenos entregaráselle o Certificado Oficial de Concesión xunto co talón correspondente, así como o diploma acreditativo. Ó acto están conviados máis de 100 persoas entre as que se atopan o Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, a Presidenta do Parlamento de Galicia, María Dolores Villariño, a Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, o Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, membros da Corporación Provincial, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, ademais doutras personalidades políticas, das artes, das letras e das ciencias de Galicia. O evento rematará cunha cea de gala. O premio resalta a figura e obra deste literato ó tempo que supón unha exaltación da cultura galega promocionando os seus valores e ós escritores que traballan pola defensa da nosa cultura. Francisco Javier Río Barja é membro da Real Academia Galega, do Consello da Cultura Galega, da Academia de Ciencias de Galicia e do Instituto Galaico-Miñoto. Director do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento” durante os anos 1978 e 1994 foi compañeiro do escritor ourensán Otero Pedrayo. No seu haber conta con númerosos premios e distincións, así como cunha extensa bibliografía.