Deputación de Lugo

Os alumnos da escola de imaxe e son de Lugo presentan hoxe a curtametraxe La repolla Limonera

Imaxe deputación de lugo
Os alumnos da escola de imaxe e son de Lugo presentan hoxe a curtametraxe La repolla Limonera

Este xoves, ás 20:30 horas, terá lugar a presentación do proxecto dos alumnos da cuarta promoción da Escola de Imaxe e Son, promovida pola Deputación de Lugo. A Capela de Santa María, pertencente ao Centro de Artesanía e Deseño, foi o escenario elixido para a primeira proxección pública de La Repolla Limonera, a curtametraxe producida e realizada polos estudantes do segundo curso dos ciclos superiores de Produción e Realización. “La Repolla Limonera” está baseada nun guión orixinal de Jacobo Castro, alumno da EIS, e conta unha historia de casualidades protagonizada por personaxes descoidados que xira entorno a unha obra de arte. A curtametraxe foi gravada en distintas localizacións da cidade e contou coa colaboración desinteresada do director teatral sarriano, Guillermo Cancelo e da actriz Iria Acevedo, ambos os dous responsables da Aula de Formación Teatral de Lugo. A gravación e presentación desta curta forman parte das actividades do módulo de Proxecto Integrado, no que os alumnos poñen en práctica os coñecementos teóricos adquiridos ao longo de todo o ciclo. O acto estará presentado polo responsable dos informativos da TVG en Lugo Javier Díaz.