Deputación de Lugo

A artesá Anelma Savolainen, especializada na técnica de xuncos de lagoa, impartirá o vindeiro curso de cestería do CENTRAD

Imaxe deputación de lugo
Os asistentes aprenderán unha modalidade da que non existe tradición en Galicia nin en España

O vindeiro luns dará comezo o quinto curso da programación de outono do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo, cestería de xuncos de lagoa. A artesá finlandesa Anelma Savolainen impartirá o obradoiro que se desenvolverá no Centro de Cestería do río Rato ata o 31 de outubro.Os asistentes aprenderán a elaborar distintas pezas sobre moldes de madeira empregando como material o xunco de lagoa. Trátase dunha modalidade da que non existe tradición en Galicia nin en España, polo que será unha oportunidade única para introducila a nivel nacional. Dada a importancia do curso, prevese que asistan artesáns non só da provincia senón tamén de España. Deste xeito, xa está confirmada a presencia de artesáns de Cataluña que acudirán a Lugo co obxectivo de extrapolar os coñecementos que adquiran sobre esta técnica á súa Comunidade. O obradoiro dispón de 40 horas de formación e desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Conta con 8 prazas e está dirixido a cesteiros profesionais, artesáns doutras disciplinas e ó público en xeral. A inscrición poderá realizarse ata dous días antes do comezo. O custe da matrícula é de 40 euros.Unha técnica de fácil manexoA técnica de cestería de xuncos de lagoa caracterízase pola flexibilidade do material, xa que é perfectamente adaptable para o uso de persoas maiores, nenos, etc. Asimesmo, configúrase como o sustituto da médula, material este último que a diferenza do anterior é moi difícil de traballar e cada vez é máis complexo de atopar.Anelma Savolainen é unha artesá finlandesa especializada tamén na técnica de corteza de bidueiro típica de zonas do norte de Europa como Rusia. Ademais, conta con varias publicacións no seu haber sobre esta modalidade e sobre o mundo da cestería en xeral.