Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación aposta por potenciar o Consello de Contas para garantir a transparencia económica das administracións

Antonio López Díaz foi recibido oficialmente no Pazo provincial

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu oficialmente este martes ó Conselleiro Maior do Consello de Contas de Galicia, Antonio López Díaz. Gómez Besteiro asegurou que se trata de regularizar unha relación entre administracións profundamente democráticas. “Desde a Deputación temos que impulsar políticas que vaian dirixidas á rendición de contas co Consello e favorecer que os Concellos cumplan coa súa obriga para que esta institución fiscalice os seus fondos, tal e como indica a lei”. O titular da Deputación sinalou que o Consello de Contas, dentro do organigrama da sociedade democrática galega, é unha institución que hai que potenciar. “A xente ten que ter a sensación de que as administracións que xestionan o diñeiro público cumpren coas súas obrigas como calquera contribuínte cumpre pagando impostos”. Neste senso, Gómez Besteiro engadiu que, ademais de remitir contas ó Consello, tamén é obriga da administración provincial “impulsar a que os Concellos se sitúen en que cando cumpren co Consello estano facendo cos seus veciños, para que nun horizonte no moi lonxano esta cuestión se plantexe como un papel máis”. O Conselleiro Maior do Consello de Contas destacou o papel que representan as Deputacións á hora de que os entes locais poidan cumprir coas súas obrigas. “Temos que tratar de lanzar a idea de que é esencia democrática que os xestores dean conta de cal é o emprego que fan dos fondos públicos, e nós como Consello, fiscalizamos para decir donde se pode mellorar co obxectivo de ofrecer os mellores servizos ós cidadáns”. Recepción oficial O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado do Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Bao, recibiron ó Conselleiro Maior do Consello de Contas de Galicia, Antonio López Díaz, na entrada principal do Pazo de San Marcos. Logo de ser presentado ós voceiros dos grupos provinciais e asinar no Libro de Ouro, Gómez Besteiro e Antonio López mantiveron unha xuntanza no despacho do Presidente. Como agasallo institucional, o titular da Deputación fíxolle entrega dunha réplica do Organistrum, un instrumento musical do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela que foi reconstruída polo Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo. Canon Enerxético Gómez Besteiro tamén se referiu á posición que adoptará a Deputación en relación co canon enerxético que afecta ós Concellos da zona sur da provincia. O titular provincial incidiu que “primeiro se pechará o proceso con Chantada, porque hai unha sentenza que individualizou a este municipio, e logo estudarase a situación co resto dos Concellos, non só cos da zona sur”. O Presidente provincial destacou que se trata dunha reivindicación que se remonta a catorce anos atrás polo que “me sorprende que algúns que foron e seguen sendo Deputados e Alcaldes queren que agora o problema se solucione inmediatamente”. José Ramón Gómez Besteiro lembrou que o plan de inversión do canon enerxético establécese en tres anos ó tempo que recoñeceu que non ten ningún problema en reunirse cos Alcaldes e veciños implicados para explicarlles porque antes non se deu unha solución a este problema e agora sí. Segundo o titular da Deputación “esto é moito máis do que algúns dos que agora falan pudieron desexar nun pasado inmediato, polo que non vou ser eu o xustificante de que a algúns Alcaldes lles entrara a prisa porque hai eleccións o 9 de marzo”.