Deputación de Lugo

Entidades Culturais do Sur de Lugo manifestaron as súas inquedanzas aos responsables políticos de Concello, Deputación e Xunta

Monforte acolleu onte unha xuntanza organizadas pola área de Cultura da Deputación con entidades e asociacións culturais para facelas partícipes da elaboración dos presupostos do ano 2008

Celebrouse, en Monforte, a cuarta das xuntanzas que a Área de Cultura da Deputación organizou dentro da rolda de xuntanzas con entidades culturais polas distintas comarcas de Lugo. Esta xuntanza celebrouse ás 20:00 horas, no salón de actos do Centro da Terceira Idade de Monforte de Lemos Na xuntanza estiveron presentes o responsable da área de Cultura e Deportes, Antonio Veiga Outeiro e o Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Bao Abelleira. Co fin de coordinar as políticas culturalis do goberno galego co goberno da deputación, asistiu á xuntanza o delegado da Consellería de Cultura, Xoán Xosé Molina. Tamén estiveron presentes na xuntanza o alcalde de Monforte, o nacionalista, Severino Rodríguez e o concelleiro de economía e facenda de Chantada, Xesús Mazaira. Nesta xuntanza estiveron presentes máis de medio cento de asistentes que representaban a distintas asociacións culturais e outras entidades que desenvolven actividades que poden incidir na cultura, no patrimonio, na normalización lingüistica e noutros aspectos relacionados co noso entorno socio-cultural. Este rolda de xuntanzas pretende abrir un novo período no referente á interacción entre as entidades asociativas e o goberno da Deputación.