Deputación de Lugo

Por primeira vez os catro museos da Rede Museística da Deputación acollerán actividades no nadal.

Imaxe deputación de lugo
A área de cultura fai unha aposta para achegar as actividades culturais a toda a poboación, descentralizando as actividades da cidade e levandoa ás comarcas de Lugo.

LUGO, 3 DE DECEMBRO. O responsable da área de cultura da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, presentou hoxe en rolda de prensa no Museo de Lugo as actividades que se van a desenvolver nos museos dependentes da Área de Cultura durante os días de Nadal. Nesta presentación das actividades o delegado de Cultura da Deputación Provincial resaltou que esta é a primeira vez que se van desenvolver actividades nos catro museos dependentes da Área de Cultura, descentralizando a actividade da cidade de Lugo e achegándoa ao resto das comarcas lucenses. Con este plantexamento, afirmou Veiga “pretendemos que as familias atopen un espazo cultural vivo no que o achegamento dos museos á sociedade sexa unha realidade ”. A área de Cultura da Deputación pretende converter os museos en centros cívicos e culturais que expandan cultura polas comarcas lucenses. Entre as actividades programadas destacan a Revista Oral – O Pazo das Musas que se celebrará no Museo de Lugo o 27 de decembro. No Museo Fortaleza de San Paio de Narla, no Museo do Mar e no Pazo de Tor organizaranse obradoiros e encontros que poden ser complementados cunha visita. ACTIVIDADES INTERXERACIONAIS QUE PERMITAN O INTERCAMBIO DE COÑECEMENTOS A TRAVÉS DA MEMORIA. Tirando do Fio será un encontro interxeracional que pretende a comunicación, a posta en común de valores e o exercicio da memoria como fonte de coñecemento e de pracer. Materializarse esta proposta a traves dun encontro de avós e netos ao redor de obxectos que lembren oficios e actividades das que foron protagonistas os nosos devanceiros e que hoxe perderon a súa función social. Descargar programación Nadal