Deputación de Lugo

Iniciado o Seminario Anual da Asociación Europea de Caución Mutua no que participa Lara Méndez co motivo do 25 aniversario de AFIGAL

Imaxe deputación de lugo
No simposio abórdase a internacionalización das PEMES desde a perspectiva da política europea

A Vicepresidenta Segunda da Deputación e conselleira da Sociedade de Garantía Recíproca AFIGAL, Lara Méndez, participa desde o 15 ó 16 de maio no Seminario Anual da AECM (Asociación Europea de Caución Mutua) con motivo do 25 aniversario de AFIGAL. A Sociedade de Garantía Recíproca quixo celebrar o seu aniversario cun seminario na cidade de Budapest. No simposio trátanse tema como a internacionalización, perspectivas, solucións e garantías das pequenas e medianas empresas desde o punto de vista da política da UE. Deste xeito, especialistas na materia expoñen a visión da Política da Unión Europea para as PEMES, entre eles, o Ministro de Economía e Transportes de Budapest, Edit Bátorfi. Lara Méndez acude ó encontro como conselleira de AFIGAL en Lugo xunto con outros representantes da Sociedade na cidade: Manuel Mon Rouco, de Construcións Mon, Eduardo Núñez Torrón, Vicente Silva Meilán, responsable da Cámara de Comercio de Lugo, e Rafael Vázquez Reija, de Perfumerías Arenal. A celebración inclúe para os asistentes unha viaxe con guía pola cidade húngara, visita á Residencia de Francisco José e da Raíña Isabel en Gödölló e ó Parque Ecuestre dos irmáns Lázár.