Deputación de Lugo

O responsable de Cultura e Deportes, Antonio Veiga, participou na presentación das II Xornadas Internacionais a carón do Camiño Norte

As xornadas foron inauguradas polo Director Xeral de Turismo da Xunta de Galiza

Hoxe tivo lugar, no salón de plenos do concello de Mondoñedo, a presentación das II Xornadas Internacionais a carón do Camiño Norte de Santiago – O camiño de volta ao Salvador de Oviedo. Nesta presentación participou o responsable de cultura da Deputación de Lugo,Antonio Veiga. Estas xornadas celebraranse os días 11, 12 e 13 de abril en Mondoñedo, Foz, Valdés – Luarca, e Oviedo. Estas xornadas II Xornadas Internacionais O camiño de volta á catedral do Salvado de Oviedo están organizadas pola Asociación Abrindo Camiño de Amigos do Camiño Norte de Santiago e a agrupación Camiños de Europa. Entre os obxectivos destas xornadas destacan: a recuperación da antiga tradición medieval das peregrinacións á Catedral de San Salvador de Oviedo polo Camiño Norte de Volta de Santiago; a promoción do patrimonio histórico artístico e cultural, paisaxe, etnografía e artesanía dos concellos de Mondoñedo, Foz, Valdés-Luarca e Oviedo; a posta en valor dos productos autóctonos relacionados coas comarcas do Camiño Norte de Santiago en Galicia e Asturias, serán inauguradas en Mondoñedo polo Director Xeral de Turismo da Xunta de Galiza.