Deputación de Lugo

A Área de Cultura da Deputación colaborará para que os estudantes asistan ao estreno de Pradolongo

A Área de Cultura da Deputación colaborará para que os estudantes asistan ao estreno de Pradolongo

A película galega dirixida por Ignacio Vilar proxectarase en pases matinais para os estudantes dos institutos da cidade LUGO, 09 DE ABRIL. Tras a presentación en diferentes institutos e centros de ensino, a película galega Pradolongo estrearase hoxe en Lugo. A Área de Cultura da Deputación apoiará a presentación do estreo desta película que amosa unha historia pensada, escrita e rodada en clave galega. A Área de Cultura da Deputación colaborará cos centros de ensino para que os estudantes poidan asistir a pases matinais deste filme. A película protagonizada por actores galegos conta a historia dun grupo de tres amigos da infancia que, nun entorno rural, van descubrir o que significa facerse maior con todas as responsabilidades e contradicións que farán que se replantexen a súa amizade. O Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Bao, anunciou na rolda de prensa posterior á xunta de goberno, que a Área de Cultura da Deputación entregará vales de desconto de 1 € aos estudantes que acudan, de xeito organizado, ás sesións matinais nas que se proxectará a película. Ademais a Área de Cultura poñerá autocares a disposición dos centros de ensino que acudan á presentación da película.