Deputación de Lugo

A Deputación acolleu unha xuntanza de Entidades Culturais

Responsables da Vicepresidencia e da Área de Cultura da Deputación acompañados do Delegado da Consellería de Cultura escoitaron as propostas dos colectivas culturais de cara a encamiñar as políticas culturais a realizar nas comarcas de Lugo

Celebrouse, no salón de actos da Deputación, a última das xuntanzas que a Área de Cultura da Deputación organizou con entidades culturais polas distintas comarcas de Lugo. Na xuntanza estiveron presentes o responsable da área de Cultura e Deportes, Antonio Veiga Outeiro e o Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Bao Abelleira. Co fin de coordinar as políticas culturalis do goberno galego co goberno da deputación, asistiu á xuntanza o delegado da Consellería de Cultura, Xoán Xosé Molina. Nesta xuntanza estiveron presentes máis de 150 persoas que representaban a distintas asociacións culturais e outras entidades que desenvolven actividades que poden incidir na cultura, no patrimonio, na normalización lingüistica e noutros aspectos relacionados co noso entorno socio-cultural. Con esta rolda de xuntanzas os representantes da área de cultura da Deputación achegaronse a todas as comarcas para coñecer de primeira man as necesidades e propostas das distintas entidades. Con esta iniciativa os axentes culturais das comarcas de Lugo aportaron as súas ideas e suxestións de cara á elaboración dos orzamentos do próximo ano. Este rolda de xuntanzas pretende abrir un novo período no referente á interacción entre as entidades asociativas e o goberno da Deputación.