Deputación de Lugo

O Lugo romano, protagonista esta semana en Km0

Nenos de entre 7 e 10 anos participan neste programa de visitas que tamén inclúe a Ría de Viveiro e o Pozo da Onza

Alumnos dos colexios de Educación Infantil e Primaria de Meira e Becerreá, con idades comprendidas entre os 7 e os 10 anos participan esta segunda semana de marzo no programa de visitas institucionais e medioambientais Km0 que promove a Deputación. As tres rutas serán á ría de Viveiro, o Pozo da Onza e ó Lugo Romano. Un grupo de alumnos e profesores do CEIP de Meira foi recibido este martes no Pazo de San Marcos. Os rapaces, de entre 7 e 9 anos, visitaron a continuación as instalacións da produtora da Fundación TIC. Xa pola tarde, coñecerán a lonxa de Celeiro, darán un paseo pola praia de Covas e subirán ó Monte de San Roque. O mércores participará en Km0 un grupo formado por solicitantes individuais. A ruta inclúe a Insua de Burneiro e A Fervenza, a ponte medieval e a igrexa de Adelán, no Concello de Alfoz, e unha fábrica de zocas en Mondoñedo. Tamén farán unha ruta de sendeirismo ata o Pozo da Onza, no Valadouro. Por último, o xoves un grupo de alumnos do CEIP de Becerreá de 8 a 10 anos fará un percorrido polo Lugo Romano. Visitarán Santa Eulalia de Bóveda, o Centro de Intepretación da Muralla e darán un paseo polo adarve.