Deputación de Lugo

A Vicepresidenta Segunda da Deputación participa na presentación da Memoria do Ano de España en China

A publicación dedica un apartado á celebración do Día de China en Lugo

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, asistiu á presentación da Memoria que recopila os actos celebrados ó logo do ano 2007 con motivo do ano de España en China, e que tivo lugar este luns na Casa Consistorial do Concello de Lugo. O Alcalde da cidade, José López Orozco, acompañado polo Embaixador Especial do Ano de España en China, Pablo Bravo Lozano, e o Subdelegado do Goberno, Jesús Otero, foi o encargado de presentar a diferentes representantes sociais, políticos e económicos da cidade de Lugo a devandita memoria. Esta presentación, a primeira en toda España, faise en Lugo, coa aprobación do Ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos, xa que a cidade ocupa un lugar especial nesta recopilación conmemorativa. O pasado 6 de outubro do ano 2007 Lugo, a Muralla romana, converteuse na ponte de unión entre dous pobos e dúas civilizacións milenarias, a chinesa e a galega a través dun símbolo Patrimonio da Humanidade: as súas murallas. Coas súas diferencias evidentes, ámbolos dous monumentos, considerados como símbolos propios, uníronse simbólicamente nun irmanamento no que estivo presente o Embaixador de China en España, Qui Xiaoqui, e que fixo que o nome de Lugo chegase ata o país chinés. A Muralla romana converteuse deste xeito nun referente galego para China, e nun nexo de unión entre dous puntos do planeta tan lonxanos. O que no seu momento foron muros defensivos, nesta ocasión transformáronse en instrumentos de diálogo e coñecemento. Esta Memoria, con preto de 250 páxinas recopila en castelán e chinés os momentos máis emblemáticos do que supuxo este ano 2007 para dar a coñecer España en China e potenciar a percepción dese pobo hacia a cultura española. Comeza simbólicamente coa foto dunha cativa lucense de orixe chinesa que no irmanamento entre as dúas murallas vestía o traxe rexional galego. China está a piques de converterse na teceira economía mundial e leva quince anos mantendo unhas asombrosas taxas de crecemento. É o segundo socio comercial da Unión Europea e unha das primeiras potencias exportadoras, o que a converte nun obxectivo a longo prazo para os inversores e exportadores españois que poden participar nos beneficios que reporte unha relación mutua e equilibrada. No acto de presentación estiveron algúns representantes da Asociación lucense Cheng Bao, entre eles a súa Presidenta Pilar Quiñones; eles foron os grandes protagonistas do acto de irmanamento. Tamén estiveron: - O Vicerreitor do Campus de Lugo, Carlos Herrero. - O Tenente Coronel Xefe da Garda Civil, José Herrera. - Secretario da CEL, Jaime Luis López - A Presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, Rosa Rois. - O Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas - O Director Territorial de Caixa Galicia, Walter Álvarez. - O Director Comarcal de Caixanova, Jesús Fernández - O Director Provincial do Sergas, José Luis Rodríguez. - O Delegado Provincial de Política Territorial, Daniel Núñez Segade. - O Delegado Provincial de Educación, Luis M. Álvarez - O Delegado Provincial de Sanidade, Miguel Ángel Rodríguez Lois. - A Parlamentaria Autonómica, Margarita Pérez Herraez.