Deputación de Lugo

Orzamentos participativos para o 2008 na área de cultura da deputación.

A área de cultura da deputación iniciará unha rolda de xuntanzas con entidades e asociacións de cara a elaborar os novos orzamentos da Área de Cultura.

LUGO, 30 DE NOVEMBRO. O vicepresidente da Deputación deu a coñecer, na rolda de prensa posterior á xunta de goberno, os encontros que a Área de Cultura ten programados nas distintas comarcas de Lugo. A estas xuntanzas estarán convidadas as asociacións culturais e outras entidades que desenvolvan actividades que poidan incidir na cultura, no patrimonio, na normalización lingüistica ou outros aspectos relacionados co noso entorno socio-cultural. A primeira destas xuntanzas terá lugar o próxima día 5 na casa da cultura do Concello de Sarria. Ademais desta primeira, estan previstas xuntanzas en Cervo (Museo do Mar), Vilalba, Monforte e Lugo. Deste xeito os representantes da área de cultura da Deputación achegaranse a todas as comarcas para coñecer de primeira man as necesidades e propostas das distintas entidades. Este rolda de xuntanzas pretende abrir un novo período no referente á interacción entre as entidades asociativas e o goberno da Deputación. Así os responsables do goberno achegaranse ás comarcas para que os axentes culturais poidan aportar as súas ideas e suxestións de cara á elaboración dos orzamentos do próximo ano.