Deputación de Lugo

A Vicepresidenta Segunda da Deputación participa no xurado que elixe ó xoven empresario de Lugo

O nome do galardoado coñecerase o 15 de maio, día de entrega do premio

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, formou parte este xoves do xurado da primeira edición do Primeiro Premio Xoven Empresario de Lugo, organizado pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo ( AJE Lugo) que patrocina La Caixa. O nome do premiado darase coñecer o día de entrega do galardón, o 15 de maio. Este premio pretende recoñecer o labor profesional daquelas empresas de mozos empresarios integrados en AJE Lugo, que destacan en aspectos como a boa xestión empresarial, a implantación de normas legais, o fomento do emprego de calidade ou o carácter innovador da empresa. Ademais de Lara Méndez, formaron parte do xurado o Director Xeral de Promoción do Emprego de la Consellería de Traballo, Álvaro Ansias Bacelar, o Delegado Provincial de la Consellería de Innovación e Industria, Ramón Cortés Máñez, a Concelleira de Emprego, Sonia Méndez García, o Presidente de la Cámara de Comercio, Alfredo Mosteirín Castañar, o Secretario Xeral da CEL, Jaime López Vázquez, o Presidente de la Fundación CEL, Luís García Santalla, o Vicerreitor do Campus de Lugo, Carlos Herrero, o Director del Área de Negocio de La Caixa, José Manuel López e o Presidente de AJE Lugo, José Sánchez del Valle. O galardón consta dun primeiro premio dotado con 2.000 euros para o gañador e dous accesits de 750 euros cada un para as empresas finalistas. Entregaranse nunha cea-gala que terá lugar o 15 de maio , coincidido co Día do Emprendedor, no restaurante do Clube de Campo Las Bridas.