Deputación de Lugo

Antón Bao participou na xuntanza do padroado do centro asociado da UNED en Lugo

Aprobouse a relación de seleccionados para cubrir seis prazas e PAS e máis de 800 aspirantes aspiran a incorporarse como profesores titores

O prazo de matrícula para cursar estudos no centro asociado da UNED en Lugo estará aberto entre o 15 de setembro e o 15 de novembro O vicepresidente primeiro da Deputación,Antón Bao, participou na xuntanza do padroado do Centro Asociado á UNED en Lugo. Unha vez finalizada a xuntanza do padroado o Vicepresidente Primeira da Deputación, Antón Bao, informou sobre os asuntos tratados, entre os que destaca, o selección de 6 persoas para cumprir as funcións de persoal de administración e servizos. Antón Bao destacou o enorme interese que desatou a implantación deste centro da UNED en Lugo entre as persoas que aspiran a ocupar prazas de profesores titores, máis de oitocentos curriculos foron presentados para cubrir estas prazas. O persoal seleccionado para cubrir as prazas de PAS iniciará inmediatamente o seu proceso de formación en outros centros asociados da UNED e despois irase incorporando de xeito progresivo ao centro de Lugo en función das necesidades. Ao respecto da selección de profesores titores Antón Bao informou que esta deberá de estar rematada a finais do mes de outubro e farase, tamén, en función da evolución das matrículas nas diferentes asignaturas. O prazo de matrícula para cursar estudos no centro da UNED de Lugo estará aberto entre o 15 de setembro e o 15 de novembro deste ano. OUTROS ASUNTOS DA ORDE DO DÍA O padroado do Centro Asociado á UNED en Lugo abordou na xuntanza de hoxe outros temas como o estado de execución das actuacións de adecuación dos espazos do edificio FORCAM que serán destinados á UNED. Segundo informou o vicepresidente primeiro da Deputación as obras avanzan a bo ritmo e estarán rematadas entre mediados e finais deste mes. Aprobouse definitivamente o nomeamento de José Luis Prieto Arroyo como director do centro de Lugo. A elección de J. L. Prieto está baseada na súa experiencia de máis de 30 anos en investigación, o seu paso polo centro asociado de Ponferrada onde exerceu como director, tamén contou a súa experiencia como vicerreitor e coordinador da UNED no noroeste do estado. O padroado aprobou, tamén, o protocolo de colaboración coa entidade financeira Caixa Nova que aportará un total de 40.000 euros para o finanzamento de actividades culturais e formativas no centro asociado da UNED en Lugo.