Deputación de Lugo

O galego Oscar Bastos (Froiz) gaña a etapa de Lugo e Pol Nabben segue líder da “Volta ás Comarcas de Lugo-G.P. Deputación”

Os galegos Borja Calviño (Frisonoble) e Jesús González (Cidade de Lugo) entraron 6º e 14º, pasando a estar na xeral 7º e 9º, respectivamente

A segunda etapa da “I Volta Ciclista as Comarcas de Lugo-Gran Premio Deputación”, con saída e chegada en Lugo, aportou a primeira victoria galega, tras impor a súa velocidade o porriñés Oscar Bastos (Supermercados Froiz) sobre o ciclista do Palazzago italiano Alessandro Mazzi. O conxunto de Poio, dirixido por Evaristo Portela, tamén foi o mellor da xornada. Ademáis de Bastos, cabe salientar a entrada en meta entre os dez primeiros do galego Borja Calviño (Frisonoble), que deste xeito mantense unha xornada máis como líder da Clasificación dos Galegos, pasando ademais do 8º ó 7º posto da xeral. Outro galego, o do Cidade de Lugo Jesús M. González cruzou a meta 14º -co mesmo tempo que Borja- e pasa do 15º ó 9º posto da xeral. A etapa de hoxe non provocu grandes cambios nos lideratos das clasificacións xerais, mantendo o holandés do Diputación de León Pol Nabben o liderato da proba, ó igual que a clasificación da Montaña segue estando encabezada por Stefano Pirazzi (Palazzago). Na que sí hai estrea de líder é na das Metas Voantes, pasando a estar encabezada polo ciclista do Sanse Spiuk José A. Rodríguez, que facía segundo en Castro Riberas de Lea e en Rábade, superando deste xeito por un punto a Tuychitev (Palazzago), o home que estreou onte o liderato da citada clasificación. O Sub 23 Víctor Cabedo (Saunier Duval) mantense tamén como o mellor entre os máis xoves, compartindo cos seus compañeiros, por segundo día, o liderato por equipos, Película da etapa As inmediacións da Deputación de Lugo acolleron hoxe a saída de etapa, portagonizando o corte de cinta inicial o Vicepresidente do organismo, Xosé Antón Bao. A choiva foi a principal protagonista dunha xornada na que se produciron numerosos intentos de fuga, pero na que dictou sentenza o único alto da xornada (Viña), xa que no seu comezo o pelotón estaba agrupado. O repeito fixo que o grupo se partira, aínda que entre o primeiro e o 16º a diferenza máxima foi de 12 segundos en meta, xogándose a victoria ó sprint o galego Oscar Bastos (Froiz) e o ciclista do Palazzago italiano Alessandro Mazzi. O porriñés foi o que finalmente se levou o gato á auga. Etapa decisiva A terceira e derradeira etapa da Volta, con saída (10:30 horas) e chegada na avenida Arcadio Pardiñas de Burela, conta cun total de 127 kilómetros, un alto de terceira (Couboeira-km. 46) e un de segunda (Cadeira-km. 63). As metas voantes da xornada estarán en San Ciprián (km. 9) e Ribadeo (km. 93). Despois da segunda etapa, non se pode dicir que a Volta esté decidida, xa que entre os 20 primeiros hai unha diferenza máxima de 1:29, non excesiva tendo en conta o perfil da etapa. Ademáis, cabe salientar que son 13 os equipos que teñen presenza neses 20 primeiros postos, algúns con máis dun corredor, como ñe o caso do Saunier Duval, o Palazzago ou o Diputación de León. Polo tanto, pódese dicir que será a etapa decisiva. CLASIFICACIÓN DA ETAPA: 1º- Oscar Bastos (Super Froiz) 3:03:59 2º- Alessandro Mazzi (Palazzago) m.t. 3º- Mario de Sarraga (Const. Paulino) a 4 seg. CLASIFICACIÓN XERAL: 1º- Pol Nabben (Diputación de León) 06:29:42 2º- Angel Vallejo (Super Froiz) a 29 seg. 3º- Víctor Cabedo (Saunier Duval) a 41 seg. CLASIFICACIÓN MONTAÑA 1º- Stefano Pirazzi (Palazzago) CLASIFICACIÓN METAS VOANTES 1º- José A. Rodríguez (Saunier Duval) CLASIFICACIÓN PRIMEIRO GALEGO 1º- Borja Calviño (Frisonoble) CLASIFICACIÓN SUB 23 1º- Víctor Cabedo (Saunier Duval) CLASIFICACIÓN EQUIPOS 1º- Saunier Duval. As clasificacións completas poden consultarse en www.voltaascomarcasdelugo.com