Deputación de Lugo

Comeza o primeiro curso da programación de téxtil do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación

Imaxe deputación de lugo
O obradoiro de Inciación ó tapiz será impartido por Ramón Álvarez e desenvolverase no taller de tapiz do CENTRAD

O primeiro curso da programación de téxtil do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo, Iniciación ó tapiz, dará comezo este luns. O artesán Ramón Álvarez será o encargado de impartir o obradoiro que se desenvolverá no pavillón 8, no taller de téxtil do CENTRAD, ata o 7 de xuño en horario de 16:00 a 21:00 horas. O obradoiro inclúese dentro dos cursos que a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, presentou o pasado mércores. Dispón de 30 horas de formación e 10 prazas. O prezo da matrícula é de 30 euros. Está destinado a artesáns, a profesionais do sector e ó público en xeral. Conta cunha programación moi variada na que se abordarán as principais técnicas desta modaliade. Como paso previo á elaboración do tapiz, os asistentes comezarán por coñecer o proceso da montaxe do tear para logo proceder á realización dos distintos ligamentos: cadenetas, tafetá, panamá, Kilim, riscados, unións, degradados, nó turco, persa e español, efecto óptico de cor, soumac e texturas de volumen. En todos os cursos a inscripción poderá realizarase ata dous días antes do comezo do curso. O proceso de selección establécese en función da orde de inscripción. Os materiais son proporcionados polo Centro de Artesanía e Deseño, así como os teares, que son reproduccións do século XIX. O obradoiro inclúese dentro da programación de téxtil 2008 formada por 5 cursos que contan cun presuposto de 10.6668 euros, nos que ademais da iniciación ó tapiz, abordaranse outras modalidades como: tinguido shibori para seda e la, elaboración de feltro modelable, tecidos en baixo lizo e fiado e cardado e tinturas naturais para la.