Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo porá en marcha unha Axencia Provincial da Enerxía destinada ó aproveitamento enerxético da provincia

A iniciativa, que conta cun orzamento 410.900 euros, estará financiado conxuntamente polo organismo provincial e a Unión Europea, e desenvolverase no periodo 2009-2012

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presentou este martes a Axencia Provincial de Enerxía, proxecto que o organismo provincial presentou o 26 de xuño ante a Axencia Executiva de Competitividade e Innovación (EACI), ubicada en Bruxelas, e ó abeiro da convocatoria 2008 de Propostas do Programa Enerxía Intelixente-Europa II (EIE). Gómez Besteiro destacou que esta iniciativa “enmárcase dentro do obxectivo da Deputación de presentarse a Europa desde un planteamento realista, de xeito que cada proxecto teña a súa posible continuación con independencia de se obtemos o financiamento de Europa ou non”. Con esta iniciativa vaise mellorar o aproveitamento dos recursos enerxéticos provinciais, así como a sensibilización das autoridades locais, as empresas e a cidadanía sobre a escaseza de recursos enerxéticos, e a necesidade dun uso racional e compatible coa economía e o medio ambiente. O máximo mandatario provincial asegurou que “nos presentamos a este proxecto coa maior das ilusións porque ten unha forte vocación co medio ambiente e coincide cun dos eixos principais que lle preocupan á Deputación: a protección das Reservas da Biosfera, a educación mediambiental, etc”. Na actualiade, a provincia de Lugo só xera unha cuarta parte de toda a enerxía que se consume. A pesar de que Galicia é unha das principais produtoras españolas, co 9,4% da enerxía de todo o país, os datos demostran que as catro provincias da Comunidade teñen que importar para satisfacer a súa demanda. Gómez Besteiro subliñou que “non pretendemos converternos en produtores de enerxía, pero si que a Axencia é un instrumento eficaz para intermediar nese mercado donde se debe racionalizar ese uso da enerxía”. Neste senso, polo que se refire ás fontes de enerxía, a maioría renovables, proceden do vento (176 ktep-quilotoneladas equivalentes de petróleo-), seguida pola biomasa producida a través de cereais (73 ktep) e a xerada pola gran presa hidráulica da provincia, o encoro de Belesar, no que se producen anualmente 67 ktep. Menos significante é a porcentaxe que representan as enerxías xeradas a través de residuos (4 ktep) e a das minicentrais hidráulicas (5 ktep). Asimesmo, en canto ó tipo de enerxía que se consume na provincia: (490 ktep) é calor, fundamentalmente gas natural e biomasa; electricidade (421 ktep) e produtos petrolíferos (381 ktep). En Galicia só existe un proxecto destas características na Deputación da Coruña e outro en Vigo. O orzamento necesario para a creación, a posta en marcha e o desenvolvemento de actividades da Axencia durante o periodo igual a 42 meses (2009-2012), ascende a 410.900 euros, dos que o 60% (246.540 euros) correspondería á Unión Europea, e o 40% (164.360 euros) restante ó cofinanciamento da Deputación de Lugo. Gómez Besteiro indicou que de non conseguir o financiamento o obxectivo é “que nós seguimos unha liña de xeito que o 40% irá destinado á xeración e creación da Axencia e non excluímos apoios distintos”. A Axencia terá personalidade xurídica propia. Entre os seus obxectivos atópase: fomentar o uso de enerxías de orixe renovable, de baixo impacto ambiental e procedentes de fontes inesgotables como o sol, asesorar e concienciar ós distintos sectores públicos e privados do uso eficiente e racional da enerxía, contribuír ó desenvolvemento sostible de zonas máis desfavorecidas e con déficit de medios económicos e técnicos e poñer en marcha políticas e actuacións de aforro e fomento da utilización racional da enerxía. Gómez Besteiro indicou que “a Axencia partirá desde a propia Deputación, Temos que ser conscientes da enerxía que temos, como podemos divulgar e aforrar en relación co medio ambiente. O tempo dirá se a Axencia é útil ou non”. Actividades Entre as actividades que realizará, Gómez Besteiro explicou que a Axencia contempla accións como a promoción e realización de estudos de viabilidade sobre a utilización das mellores técnicas enerxéticas, de xeito que se empezará pola propia Deputación e tamén:  Inventariar as fontes de enerxía da provincia de Lugo e crear un fondo documental.  Auditorías orientadas á mellora da eficiencia enerxética nas instalacións públicas  Balance e análise da estrutura enerxética de produción/consumo na provincia, identificando as áreas sensibles e os niveis de intensidade enerxética.  Valoración do potencial de recursos renovables co obxecto de deseñar e propoñer recomendacións.  Campañas para a sensibilización da opinión pública xeneral e en especial aos xestores municipais e empresariais.  Elaboración de manuais de boas prácticas.  Organización e participación en xornadas e seminarios, “que leven involucrado que a enerxía ocupe un papel na vida dos Concellos da provincia”.  Divulgación de novidades tecnolóxicas e normativas en materia enerxética.  Contribuír á posta en marcha de proxectos enerxéticos relevantes.  Propostas e presentación de estudos e proxectos a diferentes convocatorias europeas, nacionais e/ou autonómicas.  Medidas destinadas á información dos cidadáns en xeral, o sector público e ás empresas dos programas de financiamento e subvencións nacionais, rexionais e comunitarias en materia de enerxía e medio ambiente.  Actuar como intermediarios entre as entidades rexionais e locais e os actores no mercado enerxético.  Desenvolver contactos nacionais e internacionais para estimular o intercambio de información e transferencia de experiencias. Traballadores e apoios No proxecto traballarán nun principio 4 persoas: unha persoa na dirección, dous técnicos especialistas en materia enerxética e un administrativo. Dentro das entidades que apoian o proxecto, o máximo mandatario provincial subraiou que “apostamos pola Suma de Esforzos, polo que o noso proxecto está avaliado e apoiado por varias entidades”: Caixanova, Caixa Galicia, Confederación de Empresarios da Provincia de Lugo, Cámara de Comercio, SOGAMA, Barras Eléctricas, Universidade de Santiago de Compostela, Federación Europea de Axencias de Enerxías Rexionais, Axencia Provincial da Enerxía de Burgos e o IDEA (Instituto Nacional para a Diversificación e Aforro de Enerxía). Gómez Besteiro indicou que “estamos seguros de que aínda gañaremos máis apoios nas vindeiras semanas”. Balance primeiro ano de goberno O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, aproveitou a ocasión para facer balance do primiero ano de goberno. Neste senso, o máximo mandatario provincial destacou que “pasamos un ano moi intenso donde se fixeron cousas importantes, baseadas nos catro principios manifestados no discurso de investidura: cooperar cos Concellos, máis proximidade co cidadán, transparencia e neutralidade política, e o respecto á pluralidade política con independencia do que poida decir a oposición”. En relación con este último punto, Gómez Besteiro matizou: “a oposición está presente por primeira vez en todo os órganos de decisión, algo que polo que loitamos durante moitísimos anos”. O responsable provincial quixo facer unha reflexión “lonxe de triunfalismos e con humildade” sobre os proxectos iniciados e que teñen que verse rematados nos catro anos. Deste xeito, subraiou que “os camiños comezados foron moi bos nos sentido de relacionarnos con outras Administracións, o que nos permitiu conseguir proxectos que antes non podíamos ter porque simplemente non nos relacionabamos e negabamos débedas que eran absolutamente incontrastables cos documentos”. Débedas históricas O titular da Deputación lembrou que a Administración provincial saldou a débeda do pago do canon enerxético cuia cantidade orzamentaria xa está contemplada nos Orzamentos de 2008, recentemente aprobados. Asimesmo indicou que, por primeira vez, se inclúe unha partida de máis de 3 millóns de euros para a construción dun parque provincial de bombeiros e xa se contrataron 5 novas máquinas nodrizas para cada un dos parques que se van a poñer en marcha na provincia. Novas relacións Gómez Besteiro sinalou que se iniciaron as relacións para a transferencia dos hospitais, se puxo en marcha a Universidade a Distancia (UNED) ou se lle deu un papel máis importante ós Concellos en materia de recadación. Para o titular provincial estas “non son cuestións menores senón que marcan unha forma distinta de facer política”. Ademais, lembrou que este ano aumentouse a relación da Deputación con Europa, de tal xeito que “por primeira o organismo provincial concorreu nun proceso realmente competitivo, donde tivemos que afinar porque os fondos con cada vez máis escasos e donde acadamos un notable éxito”. Dentro do balance do primeiro ano de goberno, subliñou que por primeira vez nesta provincia xa hai un equipo serio traballando na elaboración dun Plan Extratéxico e que os veciños da Montaña non tiveron problemas porque a Deputación atendeu as continxencias, garantindo a circulación de forma máis segura, a través do esparcimento de 800 toneladas de sal nas estradas. Sen deixar a capital da provincia, indicou que se pasou dunhas relacións historicamente desastrosas a ir da man nun proxecto que xa se conseguiu como é o Plan URBAN.