Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación participa na celebración do día do Corpo Nacional de Policía

O acto estivo presidido polo Subdelegado do Goberno e o Comisario Xefe da Comisaría de Lugo

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, participaron este xoves na celebración dos Santos Anxos Custodios, patrón do Corpo Nacional de policía. Os actos foron presididos polo Subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero Calvo, xunto co Comisario Xefe da comisaría provincial de Lugo, Maximino Losada López, no Salón de Xuntas da Subdelegación do Gobierno. O acto, que contou coa presenza das primeiras autoridades locais e provinciais, centrouse,como é tradición, na condecoración da Cruz do Mérito Policial con distintivo branco, recoñecemento ó traballo realizado ó longo dos anos dentro do CNP. Este ano o Ministerio do Interior concedeu o ingreso na Orde do Mérito Policial con distintivo branco a seis funcionarios do Corpo Nacional de Policía. Da Comisaría Provincial de Lugo condecorouse ós policías Manuel Lage Teijeiro, José Pallares Fernández, Bernardo Traseira Rois, da Comisaría Local de Vivero, ó inspector Manuel Borrajo Iglesias e ó policía José Manuel Torre Penelas, e por último, ó policía adxunto á Unidade Adscrita á Xunta de Galicia, José Manuel Ferreiro Ferreiro. Posteriormente, tivo lugar unha misa no igrexa das Agustinas, na Praza de Santo Domingo, para finalizar cun viño español, no Gran Hotel Lugo.