275 alumnos participaron este ano na programación de cestería do CENTRAD
![](/sites/deputacionlugo.org/files/Imagenes/0_3325_1.jpg)
Hoxe remata o último curso da programación de cestería que contou con preto de mil horas de formación Nos obradoiros participaron alumnos das catro provincias galegas, así como doutros puntos de España, como é o caso de Cataluña Un total de 275 alumnos, 61máis que en 2007, participaron nos cursos que se inclúen na programación de 2008 de cestería do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación (CENTRAD). En total, impartíronse 34 obradoiros fronte ós 24 do ano anterior, o que supuxo tamén un aumento do número de horas, que ascendeu a 959. Ademais da provincia de Lugo, nos obradoiros participaron alumnos de toda Galicia e mesmo de España, concretamente da Coruña, Ourense, Pontevedra, Barcelona e Xerona. A actividade contou cun orzamento de 60.000 euros. Deste xeito, docentes de Galicia e mesmo de fóra de España amosaron distintas técnicas ós asistentes. Foi o caso da alemana Anelma Savolainen que impartiu o curso de xuncos de lagoa; da bilbaína Idoia Cuesta especializada na cestería de médula de roten e vimbio; do levantino Jesús Quintero; da inglesa Luis Walpole, adicada á cestería de reciclaxe; do catalán LLuis Grau, artesán que impartiu o curso de láminas de madeira e o de abeleira do Pirineo catalán; e do ibicenco Anthoni Manonelles Bolle, especializado na cestería de esparto. Fin de curso Hoxe remata o último curso da programación de cestería previsto para este ano. O artesán Carlos Fontales está a ensinar ós participantes a fabricar cestas de dúas tapas empregando como material o vimbio. O obradoiro desenvólvese de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas e consta de 20 horas de formación, donde os alumnos comezaron pola identificación dos materiais e coa descrición da peza para logo pasar á elaboración da cesta.