Deputación de Lugo

Gómez Besteiro louba a traxectoria política e o compromiso de Calvo Sotelo con Ribadeo

O Presidente da Deputación participou na homenaxe que o Concello lle rendeu ó ex presidente do Goberno un ano despois do seu pasamento

O responsable provincial cualificou a Calvo Sotelo como “un hombre de Estado, un político bueno y generoso con este país, con esta localidad y, por supuesto, con esta provincia” O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na homenaxe que o Concello de Ribadeo lle rendiu ó ex presidente do Goberno de España, Leopoldo Calvo Sotelo, co motivo do cavodano do seu pasamento. Gómez Besteiro destacou que “la Diputación no podía faltar a esta cita por dos motivos: primero, porque queríamos rendir un merecido homenaje al mejor embajador que tuvo Ribadeo en las últimas décadas. Y, en segundo lugar, porque, a pesar de que hoy no nos acompaña, sobrevive la admiración, cariño y el legado que nos dejó a todos los lucenses. El día de hoy es una excelente muestra de ello”. O acto incluíu o descobrimento dun monolito do seu retrato no peirao de Porcillán e contou tamén coa participación doutras autoridades como o Presidente da Xunta, o Alcalde de Ribadeo, familiares e veciños. O titular provincial cualificou ó homenaxeado como “un hombre de Estado, pero su figura ya forma parte de la historia de España y así será para siempre. Pero, detrás del político Calvo-Sotelo, sobre todo había un vecino más de Ribadeo consiguiendo una proyección sin igual de este ayuntamiento”. Deste xeito, referiuse a Calvo Sotelo como “un político bueno y generoso con este país, con esta localidad y, por supuesto, con esta provincia. Es un ejemplo para todos nosotros, ya que fue decisivo en la construcción y consolidación de la democracia”. Gómez Besteiro destacou a ampla traxectoria política de Calvo Sotelo, fundamentalmente nos albores da Transición cando se converteu no segundo Presidente do Goberno despois de Adolfo Suárez. Asimesmo, subraiou o forte vínculo que o político tiña coa localidade ribadense, xa que desde 1982 foi nomeado Alcalde Honorario e Fillo adoptivo deste Concello, e en 2002 o Rei nomeuno marqués da Ría de Ribadeo con Grandeza de España. Nese senso, subliñou que foi un dos mellores embaixadores que tivo a Mariña e foi decisivo para a construción da Ponte de Santos que permite unir Galicia con Asturias e coa cornisa cantábrica. “Calvo Sotelo se encargó de que la costa de Lugo traspase todas las fronteras, convirtiéndose en uno de los mejores embajadores que tuvo la Mariña Lucense a través de su gran pasión: la navegación. Además, consiguió hacer del lema municipal Ribadeo, Puerta Abierta una realidad. Sin él, muchos aún no sabrían que aquí se inicia la Ruta de la Costa del Camino de Santiago; que esta joya medioambiental es tal, que alcanzó la denominación de Reserva de la Biosfera; o que tenemos catedrales naturales como la Playa de las Catedrales”.