Deputación de Lugo

Participantes dos Campamentos Vive o Verán en Lugo visitan o Centro de Interpretación Terras do Miño

Lara Méndez recibiu ós rapaces que tamén coñeceron as Insuas do Miño incluídas na Reserva declarada no ano 2002

A Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, recibiu este martes no Centro de Interpretación Terras do Miño ós alumnos participantes dos Campamentos Vive o Verán en Lugo organizados polo Pazo de Feiras e Exposicións e o Concello de Lugo en colaboración co Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES). A actividade consta dun programa adaptado ás idades dos visitantes. Deste xeito, de 9:00 a 11:00 horas, os rapaces realizaron unha visita guiada ó Centro de Interpretación do río Rato, donde recibiron material divulgativo que lles axudou a coñecer a bioxeografía da Reserva da Biosfera declarada no ano 2000. Acto seguido, ata as 14:00 horas, os rapaces visitaron distintos puntos de interese do espazo natural como as ruta das Insuas do Miño. 100 rapaces con idades comprendidas entre os catro e os dezaséis anos realizarán visitas ó Centro durante os meses de xullo e agosto, donde poderán coñecer, interpretar e valorar o medio natural dun xeito divertido á vez que didáctico. Co desenvolvemento destas actividades preténdese promocionar o coñecemento e interpretación do medio nautural, cultural e etnográfico tanto da propia cidade como do seu entorno. Dun xeito lúdico, pero á vez formativo, mediante o desenvolvemento de actividades de educación ambiental e de coñecemento e interpretación preténdese ir creando conciencia e sensibilidade ante o noso entorno, incluído na Rede Internacional de Reservas da Biosfera. O coñecemento da natureza, o aprecio polos valores culturais e etnográficos, así como a súa involucración directa farán que os labores de conservación e de protección do medio sexan máis frutíferas e permanentes no tempo, exercendo ó mesmo tempo un efecto en “cadea” á hora de transmitir ditos valores entre familiares e amigos. Desenvolvemento dos Campamentos Vive o verán en Lugo desenvólvese nas inmediacións do Pazo de Feiras e Congresos nos meses de xullo e agosto, en catro turnos de acordo coas quincenas dos respectivos meses. Ademais de nas instalacións de dito lugar tamén se desenvolverán diversas actividades no polideportivo do Palomar, Campo de Fútbol da Cheda e no Clube Fluvial, entre outros. En canto ás saídas de carácter cultural, levarase a cabo unha delas en cada grupo de idade ó Centro de Interpretación do Rato e á Reserva da Biosfera, dependentes do INLUDES. Asimesmo, terá lugar unha excursión de final de campamentos á Granxa Escola Garabullos en Sistallo (Cospeito) para o grupo de 4 a 8 anos e outra ó Parque Acuático de Cerceda para o grupo de 9 a 16 anos. A distribución por quincenas de xullo e agosto das visitas ó Centro de Interpretación Terras do Miño quedan do seguinte xeito: - 1º quincena de xullo: días 8 e 9 - 2º quincena de xullo: día 22 e 23 - 1º quincena de agosto: días 7 e 8 - 2º quincena de agosto: días 21 e 22