Deputación de Lugo

Antonio Veiga anunciou a concesión de 440.000 euros para dotar de céspede artificial o campo de futbol do Cembedo, en Viveiro

Imaxe deputación de lugo
A Área de Deportes da Deputación outorgará ao Concello de Viveiro a subvención de 440.000 euros entre o 2009 e o 2010 para executar a obra que suporá a instalación dunha superficie de céspede artificial no campo do Cembedo.

Tamén se aprobou a adxudicación provisional da obra para a construción das piscinas municipais de Becerreá por un importe próximo aos 720.000 euros