Deputación de Lugo

A Xunta Xeral Ordinaria de SUPLUSA aproba por unanimidade as contas anuais da Sociedade e a modificación dos seus estatutos

As contas de 2007 están marcadas polo pagamento da débeda histórica que a Deputación tiña coa Confederación Hidrográfica do Norte

A Xunta Xeral Ordinaria de SUPLUSA, organismo dependente da Deputación, e que está formada por todos os membros do Pleno da Corporación, aprobou por unanimidade as contas anuais da Sociedade de 2007, que están marcadas polo pagamento da débeda que tiña contraída a Deputación coa Confederación Hidrográfica do Norte. O balance entre perdas e ganancias do ano pasado arroxa un saldo negativo de 949.477 euros. Este dato está motivado porque a Sociedade incurriu en gastos extraordinarios por importe de 2,16 millóns de euros correspondentes ós convenios de cofinanciamento para a recuperación das márxenes e cauces dos ríos da provincia suscritos entre a CHN e a Deputación de Lugo, da que SUPLUSA, como ente instrumental desta, subrrogouse por acordo do Pleno do 27 de xuño de 2005. Esa era unha das débedas históricas que tiña contraída a Deputación e que saldou o actual equipo de goberno. Modificación dos Estatutos Tamén houbo unanimidade na aprobación da modificación dos Estatutos da Sociedade, en concreto, dos artigos artigos 2, 3, 9, 12, 15, 17 e 22. O obxectivo desta modificación estatutaria é adaptarse á Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, e de recoñecer expresamente a SUPLUSA a condición de medio propio e servizo técnico da Deputación. Ademais, aproveituse esta modificacion estatutaria para completar o ámbito orgánico da Sociedade. Entre outros cambios, recóllese a figura de tesourería, que agora non existía, así como a posibilidade de que se constitúan unha ou máis comisións consultivas, sen facultade de decisión e baixo a natureza de comisión de traballo, que estará integrada principalmente por persoal especializado da Deputación na materia que se trate.