Deputación de Lugo

Autoridades de todo o mundo promocionan os Camiños da provincia co Km0 a Compostela

Imaxe deputación de lugo
Participantes no Cumio Internacinal sobre Drogas fan unha ruta de peregrinación en Ribadeo co programa da Deputación

Autoridades de América Latina, Europa e O Caribe que durante esta semana asistiron na cidade de Lugo ó Cumio Internacional de Drogas foron recibidos este sábado no Salón de Plenos do Pazo Provincial para participar en Km0 a Compostela. Alcaldes e Alcaldesas de todo o mundo farán unha ruta de peregrinación no Concello de Ribadeo, visitarán o casco histórico desta vila, e realizarán unha travesía marítima pola ria, colaborando co organismo provincial na promoción ó exterior dos Camiños de Lugo de cara ó Xacobeo. A Deputación puxo en marcha o pasado mes de setembro esta modalidade de Km0.Deputación de Lugo adiantándose ó Ano Santo, e convertíndose na primeira administración cunha programación previa e estable ó Xacobeo. Ademais dos Alcaldes e Alcaldesas de América Latina, Europa e O Caribe, outras personalidades relevantes do país, e de distintos sectores, fixeron o Camiño de Santiago en Lugo. É o caso da alpinista Chus Lago, Fernando Romay, o plantel do Leite Río Breogán, os campións nacionais de rallye, Sergio Vallejo e Luis Moya; das Cantareiras de Ardebullo e de Roberto Vilar; de colectivos como a Sociedade Española do Corazón –SEC-; dos directores de medios de comunicación de Galicia, ou do Presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla. Asimesmo, os participantes nesta ruta de peregrinación polo Camiño Norte recibiron lotes de produtos autóctonos da campaña de promoción do organismo provincial Lugo-Sabe.