Deputación de Lugo

O reencontro do Presidente coa emigración lucense abiru novos mercados e oportunidades de negocio para a provincia

Durente 8 días Gómez Besteiro mantivo 40 actividades institucionais en 3 países

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, fixo un balance satisfactorio da súa viaxe institucional a Arxentina, Uruguai e Venezuela que comezou o domingo 7 de setembro e rematou onte. Gómez Besteiro dixo que “o reencontro coa emigración lucense abriu novos mercados e oportunidades de negocio para a provincia”, e anunciou que estas relacións terán continuidade no tempo. “Non quería xulgar o mundo da colectividade galega nestes países sen coñecela e sen unha aproximación persoal. Poido afirmar que na Deputación non entendemos o reencontro coa emigración lucense como axuda ou subsidio, senón como colaboración. Por ambas partes hai ganas de colaborar, traballar en común, crear riqueza e facer negocios.” Durante 8 días, o Presidente da Deputación e o Deputado da Área de Réxime Interior, Melchor Roel, tiveron 40 actos institucionais nestes tres países. Mantiveron reunións de traballo con ministros, embaixadas, asociacións de empresarios, cos principais medios de comunicación en cada un destes países e coa comunidade lucense que reside no exterior. Neste senso, Gómez Besteiro quixo destacar o traballo realizado por Melchor Roel para que esta visita fose un éxito. “Moitos dos encontros pecháronse grazas a súa tenacidade e ós seus contactos”. Obxectivos cumplidos Gómez Besteiro dixo que nesta viaxe se cumpriron tres obxectivos. O primeiro deles foi saldar a débeda histórica da Deputación de Lugo coa emigración lucense. “Teño presente unha frase repetida unha e outra vez pola comunidade lucense e que foi pronunciada nun acto público polos directivos da Asociación Fillos de Lugo de Venezuela: “Non nos olviden en Lugo”. O máximo responsable provincial lembrou que ésta era a única Deputación galega que nunca mantivera relacións cos seus emigrantes. “Era únha débeda que tivemos que escoitar mil veces da boca dos lucenses emigrados. De aí, o enorme agradecemento que obtivemos”. Programa formativo O segundo dos obxectivos acadados foi o éxito do programa formativo promovido pola Deputación, co que “puxemos en marcha por primeira vez fóra da provincia un ciclo de formación para lucenses. Somos a primeira administración española que deseña formación para crear riqueza ós seus emigrantes no país de destino e non para o retorno”. Gómez Besteiro dixo que con este programa formativo acadáronse dous fitos. Por unha banda, “fomos quen de asinar un convenio económico na sede central do Banco da Nación Arxentina cos seus dirixentes, unha institución de enorme prestixio e que non soe acadar acordos destas características. Debido ó interese que suscitaron os nosos cursos, faremos co Banco da Nación Arxentina programas e actividades en común para crear riqueza na Arxentina e en Lugo”. O segundo fito é que Uruguai se sumou á programación formativa da Deputación. “A viaxe institucional tiña como obxectivo inaugurar dúas programacións formativas en Arxentina e Venezuela dirixidas ós lucenses. Pero en Uruguai asinamos un convenio coa Asociación de Empresarios Galegos porque demandaron a mesma formación para este país”. Apertura de novos mercados O terceiro obxectivo cumprido na viaxe intitucional do Presidente da Deputación a Sudamérica foi a apertura de novos mercados de negocio. “Presentamos ó Goberno de Uruguai os proxectos de trazabilidade nos que son pioneiros as cofradías de Celeiro e Burela. Imos traballar xuntos porque están moi interesados nestas experiencias punteiras. Nós queremos favorecer os intereses da pesca lucense, que tamén faena nas augas de Uruguai con numerosos barcos”. Polo que respecta á agricultura e gandería, Gómez Besteiro lembrou que Arxentina e Uruguai son dúas potencias mundiais e que xa teñen moito camiño andado en asuntos como a recría, no que a Deputación de Lugo está especialmente interesada. Gómez Beteiro tamén destacou a creación dun grupo de traballo co Ministro de Turismo de Uruguay, pioneiro a nivel mundial na certificación de praias, en zonas como Punta del Este. “Nós queremos certificar medioambientalmente as praias da Mariña, converténdose na primeira costa de Europa en estar certificada medioambientalmente”. Ademais, dixo que “necesitamos socios extracomunitarios para os nosos proxectos europeos en Uruguai, que é o país de Sudamérica que máis proxectos destas características recibe; está disposto a ser o noso socio”. Convenios para os emigrantes Por outra banda, o máximo responsable provincial referiuse ó convenio de 20.000 euros para as familias lucenses sen recursos que teñen nenos escolarizados no Colexio Santiago Apóstol de Arxentina –o único galego fora de Galicia- e axuda ós 10 lucenses que residen no Hogar Español de Uruguai (850 euros ó mes e o que vale toda a manutención e aloxamento). Ademais anunciou que se poñerá un servizo de información personalizada para os emigrantes lucenses, que lles facilitará os trámites e o acceso á documentación, partidas de nacemento, etc. Por outra banda, destacou que “seremos a primeira administración galega que servirá de enlace entre a nosa comunidade e a Asociación Abuelas de Plaza de Mayo para que poidan recuperar os 400 nenos secuestrados na ditadura. O 50% era de orixe español e a maioría galegos, polo que hai varios lucenses desaparecidos”. Por último, avanzou a promoción da nosa artesanía, e puxo coma exemplo que se está ultimando a exposición das pezas do CENTRAD na delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.