Deputación de Lugo

Gómez Besteiro anuncia novas obras en Foz por máis de 600.000 euros

Imaxe deputación de lugo
O Presidente da Deputación adianta que o organismo provincial investirá 500.000 euros no acondicionamento de máis de 2 quilómetros do vial que une Pequenete e Espiñeira

Gómez Besteiro salienta que “é unha obra completa que non se limita ós 400 metros que estaban previstos, e con sentido xa que o que non se pode facer é licitar e contratar unhas actuacións cando non hai terreos para acometelas” Deputación, Concello e Feve firmarán un convenio para a ampliación da Ponte Cabana cuxas obras ascenderán ós 120.000 euros O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, trasladouse este xoves o Concello de Foz onde adiantou que o organismo provincial levará a cabo novas actuacións neste municipio por máis de 600.000 euros. O titular do organismo provincial e o Alcalde deste municipo, José María Rivera, visitaron, na localidade de Vilaronte, a estrada que une Pequenete a Espiñeira. A anterior coorporación provincial deixou licitado e contratado neste vial un proxecto para o acodicionamento de 400 metros, concretamente dende Reiriz a Espiñeira; pero non o executou porque non expropiaron os terreos. A Deputación retoma e mellora esta iniciativa facéndose cargo do 100% da estrada. Deste xeito, Gómez Besteiro comprometeuse ó acondicionamente da súa totalidade, máis de 2,2 quilómetros. Para elo, o organismo provincial comezará a desenvolver o novo Plan Extraordinario de Obra Pública dotado con 60 millóns de euros, e dous días despois de aprobalo en Pleno. Os traballos, previsiblemente, suporán un desenvolso de 500.000 euros, e contemplarán a mellora de toda a vía, a construción de beirarrúas, o saneamento e abastecemento de agua, a instalación de alumeado público de baixa tensión, así como o arranxo dunha ponte. O Presidente salientou que é unha obra completa que non se limita ós 400 metros que estaban previstos, e con sentido xa que o que non se pode facer é licitar e contratar unhas actuacións cando non hai terreos para acometelas. Vamos a expropiar e pagar ós veciños o que marque a lei, e logo financiar a obra”. Pola súa banda, o rexidor municipal destacou que “hoxe é un día extraordinario para o Concello de Foz porque o Presidente comprometeu proxectos moi importantes. O anterior Goberno da Deputación comezou a casa polo tellado contratando unha obra discriminatoria que só atendía a uns poucos con 400 metros de mellora e sin expropiar os terreos. O diñeiro público hai que investido no interés xeral. Este si é o proxecto que queren os veciños desta parroquia”. Ponte Cabana Gómez Besteiro e o Alcalde deste municipio supervisaron ademais na localidade de Nois o estado da Ponte de Cabanas, unha estreita infraestrutura cuxos usuarios veñen demandando a súa mellora. Deste xeito, o Presidente anunciou que o organismo acometerá obras de ampliación por valor de 120.000 euros. Para elo, a Deputación, o Concello de Foz, e Feve firmarán un convenio onde as tres administracións asumirán o custe total destas actuacións. Outros investimentos O máximo mandatario provincial aproveitou a visita a Fóz para manter un encontro cos veciños da zona, e atender as súas demandas. Deste xeito, Gómez Besteiro indicou que a Deputación estudará o acondicionamento do centro social e o pavillón da parroquia de Cangas dentro do Plan de Comunidade Veciñais dotado de máis de 2 millóns de euros, un 10% máis con respecto ó ano anterior. O organismo provincial, dentro da aposta pola máxima cooperación cos Concellos, subvencionou obras neste municipio, nas duas últimas convocatorias deste Plan, por valor de 630.000 euros. É o caso do acondicionamento do vial que une o Chao da Liñeira a Vilacizal, unhas actuacións que supervisou o Presidente, e para as que a Deputación achegou 12.0000 euros.