Deputación de Lugo

A vindeira semana abrirase ó tráfico a variante de Lousada na estrada de Hospital a Seoane

Estes días estanse a realizar os traballos de asfaltado deste treito de 2,5 quilómetros

A Deputación abrirá ó tráfico a comezos da semana que vén a variante de Lousada, na estrada do Hospital (Pedrafita) a Seoane (Courel) que permanecía pechada desde outubro do ano pasado cando se detectaron graves deficiencias nas obras de anchamente e mellora que se están a realizar nesta vía. Desde esa data, os vehículos están a ser desviados polo antigo trazado da estrada. Esta semana estanse a realizar os traballos de afirmado con mezcla asfáltica en quente, e a continuación procederase á sinalización horizontal e vertical deste treito. Estas obras foron contratadas por 300.000 euros. Ó marxe do asfaltado, o equipo de goberno está a estudar a mellor solución técnica para arranxar a bóveda que salva o río Vilela. As obras da variante de Lousada estaban incluídas no POL de 2004, e o retraso na súa execución fixo que se perderan as subvencións concedidas no seu día pola Unión Europa e o Goberno central. Ademais, os traballos tiveron que ser paralizados en outubro de 2007 a consecuencia do mal asentamento da calzada, feito que provocaba numerosos desprendementos e afectaba á seguridade da vía. Os responsables provinciais decidiron rescindir o contrato coa empresa adxudicataria das obras, logo de que non atendense os numerosos requerimentos para subsanar estas deficiencias, especiamente as detectadas na bóveda.