Deputación de Lugo

A Vicepresidenta Segunda da Deputación participa na inauguración de Equigal

O Salón Monográfico do Cabalo de Pura Raza Española estará aberto desde hoxe ata o domingo no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, participou na inauguración de Equigal, o primeiro Salón Monográfico do Cabalo de Pura Raza Española en Lugo, que estivo presidida polo Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez. No acto tamén participaron o Alcalde de Lugo, José López Orozco, o presidente executivo da Fundación Feiras e Exposicións, Eduardo Jiménez e o director de Equigal, Arturo Fernández. A Deputación colabora no patrocinio de Equigal, un Salón que inclúe exposicións dalgunhas das principais gandeiríais galegas e españolas, o primeiro concurso monográfico oficial, demostracións ecuestres, o Pony Club infantil, zona de lecer e o espectáculo ecuestre nocturo de Samuel López. O recinto feiral estará aberto ó público a partir das 11 da mañá. A entrada xenérica custará tres euros e o espectáculo ecuestre será de 12 euros. ---------------------------------------------------- INTERVENCIÓN VICEPRESIDENTA SEGUNDA DA DEPUTACIÓN Conselleiro de Medio Ambiente, Alcalde de Lugo, Director de Equigal, Presidente Executivo da Fundación Feiras e Congresos… -Boas tardes a todas e todos. A Deputación de Lugo non podía faltar a esta cita que vai convertir Lugo na capital do Cabalo de Pura Raza Española desde hoxe e ata o vindeiro domingo. A institución provincial tiña que estar presente neste evento por varios motivos: En primeiro lugar, non podemos esquecer o peso decisivo que ten o sector agrogandeiro na economía da nosa provincia, e no que, ademais, o gando cabalar ten cada vez unha maior presenza. Conscientes da importancia que a agricultra e a gandeiría teñen en Lugo, a Deputación destina este ano 2,8 millóns de euros á este capítulo. Queremos sumar así a nosa aportación, xunto á de outras administracións, co obxectivo de favorecer o desenvolvemento deste sector. Desde a institución provincial que represento tamén apostamos por calquera iniciativa que vaia encamiñada á apertura de novos negocios, e todo o mundo relacionado co gando cabalar ten un grande futuro nunha provincia como a nosa. Pero ademais, Equigal será unha das principiais ofertas lúdicas da cidade e da provincia durante estes días. Este salón ofrécenos a todos os lucenses, e as persoas que nos visiten de fóra, espectáculos moi atractivos. Por tanto, é unha oportunidade inmellorable para disfrutar do noso tempo libre esta fin de semana. Para rematar quero dar os meus parabéns ós organizadores por esta inicitiva. Estou convencida de que Equigal será todo un éxito, e animo a todos os habitantes da provincia a que se acheguen do 11 ó 14 ó recinto feiral porque pagará a pena.