Deputación de Lugo

A Deputación apoia a primeira Reserva Mariña de Lugo, única de Galicia polas súas características

O Pleno deste mércores aprobará a solicitude a través da cal a institución provincial se suma á iniciativa na que están a traballar a Xunta, o MARM e as Confrarías da zona

Gómez Besteiro subraiou que con esta actuación “a Deputación aposta polo ecoturismo, entendéndoo non só como ecoloxía e turismo, senón tamén como oportunidade económica” A Deputación inviste preto de 400.000 euros na urbanización da Avenida do Vicedo, en Foz O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou este luns no Faro da Roncadoira en Xove que a institución provincial apoiará a declaración da Reserva Mariña de Interés Pesqueiro da provincia de Lugo, entre as rías de Viveiro e O Barqueiro. Trátase da primera Reserva da costa de Lugo e a única de augas interiores e exteriores de Galicia. O grupo provincial socialista presentará no vindeiro Pleno unha moción solicitando o apoio da institución provincial á creación desta Reserva Mariña. Deste xeito, a Deputación súmase á iniciativa que partiu da Confraría de Pescadores de Celeiro, organización que está a traballar conxuntamente coa Consellería de Pesca, o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, e a Confraría do Vicedo para a obtención desta distinción. O PSOE propón o apoio socio-económico por parte do organismo provincial para poder levar a cabo accións conxuntas que se irán desenvolvendo a medida que avance este proxecto da franxa costeira luguesa. Gómez Besteiro, que estivo acompañado da Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, do Delegado de Pesca, José Ramón Val Alonso, e o Alcalde de Foz, José María García Rivera, destacou que “apostamos polo ecoturismo. Esta palabra non só significa ecoloxía e turismo senón tamén economía. As Reservas tamén son, e así debemos entendelas, unha oportunidade económica. Trátase de captar investimentos incluso debaixo das pedras”. O Estado e a Xunta compartirán a xestión desta Reserva Mariña. A primeira Reserva Mariña declarada pola Xunta foi a de Lira-Carnota e a segunda a de Cedeira. Unha comisión de seguemento formada polo sector e a Administración, elaborará as normas que respectarán os usos e costumes. O máximo mandatario provincial subliñou que “con esta iniciativa favorécese a protección dos recursos e o medio ambiente. Promóvese un desenvolvemento sostible, mellórase a calidade de vida nas zonas onde existen actividades relacionadas coa pesca, recupéranse especies e promociónanse actividades como o ecoturismo”. Entre os obxectivos que se perseguen con esta declaración destaca a protección da rexeración dos recursos pesqueiros, o impulso da pesca e o desenvolvemento sostible, a conservación da flora e a fauna do medio mariñano e a súa diversidade, o fomento da sensibilización medioambiental sobre o mar, a divulgación dos valores pesqueiros e ambientais da costa galega, e a creación de estudos científicos sobre as medidas de protección dos recursos e a xestións das pequerías. Mellora da Avenida do Vicedo A Deputación levará a cabo as obras de urbanización, mellora e renovación da Avenida do Vicedo, en Foz -unha vía urbana de titularidade provincial- nas que investirá 378.021 euros. Unha vez rematada, a vía será transferida ó Concello. O organismo provincial urbanizará un total de 315 metros. Construiranse as beirarraúas nas dúas marxes da vía, pavimentarase a estrada e substituirase a canalización de auga e a instalación da rede de saneamento para augas pluviais. Pola súa banda, o Concello tramitará ante a Dirección Xeral de Costas a correspondente autorización, xa que estas obras están dentro da zona de servidume de protección de dominio público marítimo. “Esta actuación enmárcase dentro do obxectivo da Deputación de colaborar cos Concellos da provincia no acondicionamento e mellora dos espazos públicos impulsando a posta en marcha de programas de renovación urbana, coa finalidade de mellorar a accesibilidade e dotar de servizos básicos ós cidadáns, como son o abastecemento de auga e o saneamento e a pavimentación de zonas urbanas”, engadiu o máximo mandatario provincial. Outros investimentos Esta actuación complementa outras iniciativas levadas a cabo pola Deputación no municipio mariñano. En menos dun mes, Gómez Besteiro asinou os primeiros convenios de roza 2009 con 6 Concellos: Viveiro, Burela, Riotorto, Chantada, Sarria, Monterroso e hoxe Foz. Este último, que xa se sumou o ano pasado, acometerá a xestión do desbroce de 38,076 quilómetros de estradas provinciais, o que supón un custe para a Deputación de 6.727,65 euros. Dentro do Plan de mantemento da rede viaria provincial, que divide a provincia en 13 zonas, Foz está na zona 2, xunto cos Concellos do Valadouro, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Ribadeo e Trabada. O mantemento dos 297,837 quilómetros destes municipios ascende a 828.240 euros. Asimesmo, a través do Plan de obras de interese comunitario Foz recibiu 49.215 euros que servirán para a execución de 8 obras: pasamáns de madeira na área recreativa de San Martiño: 3.000 euros, acondicionamento exterior do cemiterio de Cordido: 4.290 euros, pintado exterior do local social de Seoane: 3.000 euros, ampliación da ponte de FEVE, en Bargado: 12.000 euros, renovación da traída de auga do campo da festa de Bao: 5.925 euros, arranxo da pista desde Chao a Liñeira: 6:000 euros, rehabilitación de cuberta de sacristía igrexia de San Campio: 6.000 euros, e instalación de luz eléctrica en pista polideportiva Cangas: 8.520 euros. Por outra banda, recibiu 1.741.742 euros do Fondo Estatal de Investimento Local que é complementado co 4% que aporta a Deputación: 69.669 euros.