Deputación de Lugo

O Servizo provincial de Recadación posibilita o pago de impostos vía on line

A Xunta de Goberno aproba as bases do convenio entre a Deputación e Caixa Galicia que inclúe esta importante novidade

A Área de Cooperación completa o equipo de asesoramento ós Concellos co nomeamento dun técnico superior de informática Os contribuíntes dos 63 Concellos adheridos ó Servizo Provincial de Recadación poderán pagar os seus impostos vía on line grazas a un acordo acadado entre a Deputación e Caixa Galicia. A Xunta de Goberno aprobou este venres as bases do convenio polo que se renova a colaboración entre a institución provincial e a entidade financieira en materia de recadación. O Deputado de Cooperación cos Concellos, Antonio Gato, dixo que “nesta ocasión, as bases inclúen unha importante novidade xa que se facilitarán os pagos a través de caixeiros automáticos ou utilizando a plataforma de pago de Caixa Galicia con acceso desde a pasarela web da Deputación, desde o momento que sexa operativo. O resto das obrigas de Calixia Galicia son as mesmas, pero agora melloramos sensiblemente o servizo ós contribuíntes”. Gato Soengas tamén anunciou que proximamente a Xunta de Goberno aprobará as bases para contratar unha empresas que “se encargará de actualizar os padróns do Imposto de Bens Inmobles nos 15 Concellos que ata o de agora teñen solicitada esa colaboración”. O Deputado sinalou que tamén se poderán sumar a esta iniciativa todas as Entidades Locais que estean no novo convenio de Recadación. Asesoramento en materia informática Dentro da Cooperación cos Concellos, Antonio Gato tamén destacou a aprobación do nomeamento dun técnico superior de informática e programación, unha praza que estaba resevada á promoción interna na oferta de emprego público para 2008 . “Dentro do deseño da Área de Cooperación e Asistencia ós Concellos había inicialmente creadas dúas prazas, unha de arquitecto-urbanista e outra de técnico superior informático, que nos permitirá ampliar a cooperación técnica a todos os Concellos. Hoxe damos un paso máis completar este servizo de asesoramento”. Por outra banda, o goberno provincial adxudicou provisionalmente a adquisición de 5 vehículos de mando todo terreo para o Consorcio provincial contra Incendios e Salvamento por 174.950 euros. Ademais, adxudicáronse os traballos de pintura reflectante de eixe, bordes e cebreados de varias estradas da rede provincial por 93.665 euros á empresa Protección Vial. A adxudicataria ofreceu melloras por un valor de 23.228 euros. O prazo de execución dos traballos é de 28 días. “Estas obras corresponden ás que quedaron pendentes da empresa á que se lle rescindiu o contrato por non cumprir o contrato”, apuntou Gato.