Deputación de Lugo

AS MELLORES PROMESAS DO BALONCESTO ESTATAL DISPUTARÁN EN LUGO, POR TERCEIRO ANO CONSECUTIVO, A PRIMEIRA FASE DO CIRCUITO SUB-20

O vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, presentou esta primeira fase do campionato de España que se celebrará esta fin de semana no Pazo Universitario

A Deputación de Lugo acolleu hoxe a presentación da Primeira Fase do Circuíto SUB-20 do Campionato de España organizado pola Federación Española de Baloncesto e a ACB. Nesta presentación participaron o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao Abelleira, o director deportivo da Fundación Balogal, Cristino Menor, o Xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galiza, Tino López, a delegada da Federación Galega de Baloncesto, Armando Álvarez, vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto, e o concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, J. A. Díaz Grandio. É a primeira vez que se celebra en Lugo un campionato destas características que reunirá en Lugo a 4 equipos que teñen nas súas filas a moitas das promesas do que será en breve a elite do baloncesto. Os catro equipos proceden de diferentes puntos do estado español e ademais do equipo local da Fundación Balogal estarán en Lugo o Gran Canaria, o C.B. Valladolid e o equipo sevillano do Cajasol (antes Caja San Fernando). Estes tres equipos traerán a Lugo a canteira de tres históricos do Baloncesto que tiveron ou teñen os seus primeiros equipos militando nas ligas de ACB ou LEB. Antón Bao sinalou na presentación que “debemos de apoiar esta competición por que é fundamental para motivar aos xoves valores deste deporte que constitúen o eslavón entre as categorías de base e os equipos profesionais ou semi-profesionais, son o espello onde todos e todas os rapaces e rapazas se miran cando empezan a practicar o baloncesto en cidades que, como Lugo, teñen unha grande tradición neste deporte”. O equipo Lucense, o único de representación galega no Circuíto, encádrase no Grupo A que disputará un total de catro fases, a fase que se celebra en Lugo e a primeira,Valladolid, Madrid e Valencia serán as restantes fases das que se compón o campionato de España. Ao igual que en pasadas edicións o acceso para presenzar os encontros será gratuíto para todos e todas. (Nota: envíanse fotos + corte de voz) Calendario de enfrontamentos: Día 9 Domingo: 18:00 h – GRAN CANARIA-CB VALLADOLID 20:15 h – FUND. BALOGAL-CAJASOL Día 10 lunes: 18:30 h – GRAN CANARIA-CAJASOL 20:15 h – FUND. BALOGAL-CB VALLADOLID Día 11 martes: 10:00 h - CAJASOL-CB VALLADOLID 12:15 h – FUND. BALOGAL-GRAN CANARIA