Deputación de Lugo

A Fundación Balogal clausurou, no Museo Provincial, As Mañás Provinciais

O vicepresidente da Deputación presentou esta actividade promovida pola Fundación Balogal e o Clube Estudiantes que ofertará actividades, deportivas, culturais e medioambientais nos meses de verán

O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, participou esta mañá na clausura das actividades formativas da Fundación Balogal. Nestas actividades, coñecidas como Mañás Provinciais, participaron nenos e nenas das distintas comarcas de Lugo. Durante a clausura o representante do Comité Organizador e Director Deportivo da Fundación Balogal, Cristino Menor, definiu esta actividade como moi positiva e remarcou o alto número de participantes cos que contou a actividade. Na clausura estiveron presentes tamén Chete Pazos, xerente da fundación Balogal, Jesús Vidal representante de Caixa Nova e María Jesús Varela representante de UNICEF, que recibiu por parte do representante de Caixa Nova o cheque de 750 euros correspondentes á doazón económica que conleva a organización destas xornadas. Está actividade pensada para nenos e nenas que, por primeira vez, poderán participar na dende os 3 anos de idade. As actividades desenvolvéronse de 9:00 a 14:00 horas durante 11 semanas nos meses de xuño, xullo e agosto. Segundo os organizadores os nenos e nenas participaron en distintas actividades e trasladáronse a diversos entornos para combinar as actividades deportivas coas medioambientais e culturais, así ademais do pazo provincial os organizadores aproveitaran o entorno do rio Miño e outras posibilidades culturais como o museo de Lugo que este ano cumpre o seu 75 aniversario. MÁIS DE 675 RAPACES PARTICIPARON NESTA INICIATIVA DA FUNDACIÓN BALOGAL Nesta actividade da Fundación Balogal participaron máis de 675 nenos e nenas, un cento máis que na edición anterior. O Vicepresidente, Antón Bao, sinalou a importancia de que os clubes e equipos que neste momento son referentes deportivos nas diferentes especialidades se impliquen na promoción do deporte de base. Segundo Bao “ Desde a Vicepresidencia da Deputación apoiaremos este tipo de actividades que fomentan o deporte entre os máis pequenos, ao mesmo tempo que axudan á conciliación entre a vida familiar e laboral dos pais que levan os nenos a eta actividade. Do mesmo xeito salientou que esta actividade fomenta a formación dos nenos e nenas en temas medioambientais e na solidariedade”. Para Antón Bao esta iniciativa da Fundación Balogal e o Clube Estudiantes de Lugo é un referente no que á promoción do deporte de base respecta. UNHA ACTIVIDADE DEPORTIVA DE CARÁCTER SOLIDARIO Participou na clausura desta actividade deportiva da Fundación Balogal María Jesús Varela en calidade de representante da Delegación de UNICEF en Lugo. A presencia de María Jesús Varela vén motivada polo caracter solidario que a Fundación Balogal e o Clube Estudiantes tentaron imprimir a estas xornadas, co fin de transmitir aos máis novos, valores como a solidariedade e o altruísmo ademais de promover un achegamento, dos participantes, ás organizacións non gobernamentais que traballan pola mellora das condicións de vida dos máis desfavorecidos. Dende UNICEF tratarán de explicarlles aos rapaces que é un luxo, do que non tódolos nenos e nenas poden disfrutar, ter unhas instalacións e un tempo de ocio como o que eles van a a disfrutar nestas Mañas Provinciais do Pazo.